20/5/10

Violeta Monreal

Ao longo do trimestre, o alumnado de 1º leu "Días de perros", "Días de gatos" e "No quiero un dragón en mi clase" de Violeta MONREAL. Sobre as lecturas fixeron varias actividades de expresión oral, comprensión e expresión escrita. Posteriormente, na Semana do Libro e das Letras a autora veu ao centro e falou cos nenos e coas nenas dos libros e as ilustracións e firmoulle a cada un o seu libro que engadirán á súa biblioteca persoal que esperamos sega medrando.


18/5/10

Nacemento do Camiño

O alumnado de 5º investigou como naceu e como se foi desenvolvendo a historia do Camiño de Santiago. Agora, con motivo do Día do Libro e do Día das Letras, fixo unha pequena presentación sobre o Nacemento do Camiño para o alumnado dos outros niveis.


Versión Rap do Romance de Don Gaiferos

O alumnado de 4º, entre as moitas actividades que desenvolveu dentro do Proxecto "O Camiño de Santiago", fixo unha versión rap do Romance de Don Gaiferos que lle presentou ao resto do alumnado con motivo do Día do Libro e do Día das Letras. É unha versión moi moderna na que eles viven e fanlle vivir aos demais a curiosa historia deste personaxe tan singular, que peregrinou a Compostela naqueles primeiros séculos do Camiño, e que contribuiu a agrandar a gloria do mesmo.


13/5/10

Alfredo Gómez Cerdá


Alfredo Gómez Cerdá é un autor moi querido polos nosos lectores e lectoras e xa é a segunda vez que está no noso centro. A primeira, no 2004, por un libro que xa é un clásico entre nós "Un amigo en la selva", e agora, por outro máis recente, que estamos seguros, vai pola mesma senda "Barro de Medellín" Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2009. A lectura dos libros de Alfredo nunca nos deixa indiferentes.




Susana Lamela

Na Quincena do Libro e das Letras Susana Lamela estivo co alumnado de 2º de Educación Primaria para compartir con eles a experiencia sobre a lectura do seu libro "Os soños de Andel". O alumnado, despois de ler o libro, realizara varios traballos que a escritora xa colgara no seu blog; logo puideron coñecela persoalmente. Fíxolles moita ilusión.



Quincena do Libro e das Letras

Con motivo do Día do Libro e da Semana das Letras desenvólvense no centro un conxunto de actividades ao longo dos últimos días de abril e os primeiros de maio, moitas das cales son o colofón de tarefas que se veñen realizando ao longo do curso como as relacionadas co proxecto documental integrado "O Xacobeo", outras son lecturas que se realizaron nos útimos meses e agora cérranse coa visita da autora ou do autor e, tamén hai outras que se programan específicamente para estas datas como o maratón de lecturas coas familias.
As actividades que se realizan dentro do proxecto recóllense no blog do Camiño que se abriu para facilitar a publicación en rede dos traballos que se foron realizando dentro do proxecto; as outras publicaranse neste mesmo blog.