4/12/12

MÚSICA INFANTIL

A editorial Galaxia acaba de sacar ao mercado dous novos traballos da colección Sonárbore  "Bicos de música" de Mamá Cabra, e "María Fumaça" para achegar a música aos máis pequechos e pequechas da casa.

Bicos de música.

O novo libro-CD-DVD de Mamá Cabra, "Bicos de música", da editorial Galaxia está ilustrado por Kristina Sabaite. Contén dez  belas e alegres cancións para bailar, para choutar, para cantar, para aprender a cruzar, para viaxar con Simbad, para chuchar mel... para bicar. Un bonito agasallo para este Nadal!!!





María Fumaça.

A editorial Galaxia publica "María Fumaça: cantar e bailar para ser máis feliz", un álbum CD-DVD ilustrado por P. Pastor. Contén 24 letras cheas de vida e ledicia conducidas por unha teteira vermella que convida a tomar algo quente para nos esquecer do frío outonizo e invernal. 

O libro gravita arredor de Ruí, un neno cunha parálise cerebral moi severa que, a pesar desa problemática, ten unha gran capacidade para gozar da vida. Temas musicais e vídeos coa participación de Uxía Senlle, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro, Quico Cadaval… Algúns dos vídeos foron elaborados con pictogramas para que os nenos con necesidades especiais poidan gozalo. 

Un obxectivo marabilloso que dá gusto sentir nesta publicación: a discapacidade como aceptación nun ambiente festivo e optimista.



3/12/12

CÓNTOCHE UN CONTO?


CÓNTOCHE UN CONTO?  

O proxecto da biblioteca deste curso títulase  "CONTOS CLÁSICOS" e por iso dende as aulas estanse levando a cabo diferentes actividades relacionadas con este proxecto. 
En Educación Infantil comezaron invitando ás familias para que conten un conto. O único requisito, que sexa un conto clásico. 
Na aula de 5º A  xa lles visitou: - Mayte, nai de Lúa, que contou "O traxe novo do rei", " Ana, nai de Rosalía, que trouxo "Garavanciño" e  Stefanie, nai de Luciana, que contou "Alicia no País das Maravillas". Stefanie narrou o conto e puxo un vídeo sen son.
Pero non serán as únicas que o fagan porque xa hai varias nais, unha madriña e unha avoa esperando para vir contar contos. 
Os contacontos teñen lugar na biblioteca na sesión da hora de lectura. Cando os nenos e nenas regresan a súa aula rexistran os datos da visita como a data, título, nome da persoa que vén contar e a relación coa nena/o (nai, avoa...) 



Agradecemos ás familias a gran acollida desta iniciativa!

QUE LIO DE CUENTOS

Os alumnos e alumnas de 6º A de Primaria escolleron os contos clásicos para reinventar novas historias partido de personaxes tan coñecidas coma Brancaneves, Carapuchiña, o lobo, os porquiños... 


María con "Un día entre amigos", Kiara con "La fiesta marchosa" e Jenny con "Que empiece la fiesta" comenzan esta sección que titulararon "QUE LÍO DE CUENTOS". Lucía fai a presentación. SSSSSSSSSSS! ESCOITADE!!!





CONTINUARÁ.... 

NOVIDADES

Aquí vos presento algúns títulos que foron mercados recentemente para incorporar ao fondos da biblioteca. Agora só necesito que pasedes algún tempiño na biblioteca para que os poidades ler!
Nica.