22/12/14

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS (III, A LEDICIA)

Seguindo co noso tema do curso: AS EMOCIÓNS,
hoxe amósovos a pegada que deixaron 
os nenos e as nenas de 1º e 2º de primaria,
tras o traballo realizado ao longo do primeiro trimestre
en torno á 

LEDICIA

20/12/14

A RECOMPENSA!

 O luns pasado, día 15,
os nenos e nenas que participan no CLUBE DE LECTURA
tiveron a súa recompensa

Rematado o libro escollido para o primeiro trimestre


recibiron a visita da autora do mesmo!!

LEDICIA COSTAS

16/12/14

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS (II, A TRISTURA)

Ola de novo!
Hoxe veño a amosar o traballo realizado, en torno ás emocións,
 polos lectores e lectoras de 3º e 4º de primaria

Estes grupos mergulláronse na 

TRISTURA

12/12/14

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS (I, A IRA)

Ola lectores e lectoras!
A piques de rematar o 1º trimestre, 
teño pendente amosarvos toooooodo 
o que traballamos co noso tema ao longo do mesmo
Como xa sabedes, o tema do centro escollido para este curso son 
AS EMOCIÓNS


30/11/14

CLUBE DE LECTURA

Hoxe quero compatir convosco
unha das novas actividades que arrancaron este curso
para fomentar o gusto pola lectura:

O CLUBE DE LECTURA


12/11/14

MES DA CIENCIA NA BIBLIO!

BOAS, LECTORES E LECTORAS!


Este mes que nos ocupa, novembro, está adicado á CIENCIA EN GALEGO
Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria preténdese impulsar a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO

10/11/14

SAMAÍN DE EMOCIÓNS!

OLA LECTORES E LECTORAS!

A piques de recibir ao San Martiño...
Teño pendente amosaros as cabazas que decoraron este Samaín os nosos corredores
Cabazas ledas, cabazas sorprendidas, cabazas tristes... 
Pero sobre todo... cabazas de medo!!

Moitas cabazas, moitas emocións




29/10/14

I XORNADA MATEMOCIÓNS: un novo recanto!

OLA AMIGOS E AMIGAS!

Os lectores e lectoras de Educación Infantil crearon un novo recanto:
O recanto de matemocións.

23/10/14

I XORNADA MATEMOCIÓNS: A MATEMAXIA

OLA AMIGOS E AMIGAS!

O prometido é débeda, 
así que aquí estou para contarvos como foi a xornada especial do martes.

Imos ir por partes, hoxe déixovos un vídeo en torno á celebración
(Centenario nacemento Martin Gardner)
co espectáculo do Mago Xacobe

Atentos e atentas ás nosas caras!!

Mágoa que sexan imaxes e non se escoiten os OHHHHH
ao unísono que varias veces soaron no salón.

Agardo que vos guste

E... un pracer, Mago Xacobe!





21/10/14

17/10/14

28/9/14

DE VOLTA!!!

OLA LECTORES E LECTORAS!!



Que tal a volta á escola?

20/6/14

COLABORADORES DA NOSA BIBLIOTECA

Como todos os cursos os rapaces do 3º nivel colaboran no bo funcionamento da Biblioteca. O presente curso foron os nenos e nenas de 5º D.

 Desde aquí dámoslles as grazas polo seu bo facer e o bo ánimo que tiveron mentres realizaban tan necesaria e importante tarefa. 

Para os que non os coñezades aquí van unhas fotos dos nosos amantes dos libros, sempre cun sorriso.


Andrea, ao frente do ordenador realizando os préstamos e devolucións.

19/5/14

A RESIDENCIA DA CIENCIA

A obra de teatro "A Residencia da Ciencia" estivo representada polo noso alumnado de 5º. Aquí tedes as súas fotos.


Este é o noso Granham Bell, Oscar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A RESIDENCIA DA CIENCIA

Todo a alumnado do colexio disfrutaron da obra que representaron os alumnos e alumnas do terceiro ciclo. Mesmo os mais pequenos.

A REPRESENTACIÓN

A representación da nosa obra de Teatro foi todo un reto.

 De seguido tedes algunhas imaxes que vos contan algo de como se desenvolveu este especial acontecemento literario.

O NOSO TEATRO

Os alumnos e alumnas  de 5º estiveron a traballar a reo para preparar unha obra de teatro que disfrutamos co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. De seguido podedes ver o moito que ensaiaron.



29/4/14

Visita de Novo Autor

O autor de "O Castañeiro de Abril" Antonio Manuel Fraga visitounos

 e contounos cousas moi interesantes.
 As suas historias fixeron que estiveramos moi atentos a todo o que dicía
 E claro, falounos do Castañeiro de Abril, o seu precioso libro, que narrado por Buto o zapateiro, nos fala da historia dun neno cego -Baltasar- que non pode ir a escola. Baltasar ten dous amigos: un can e "O Castañeiro de Abril". Ë un personaxe a quen só Baltasar ve, grazas a forza da imaxinación e da fantasía. Vaille contando o que vai pasar antes de que ocorra.
É un conto que nos fala da superación, da importancia que ten a ilusión e as ganas de facer cousas que nos permite que calquer atranco da vida poida ser salvado a pesares das dificultades.


Como podedes ver nas imaxes o autor ademais de deleitarnos coa súa conversa, mesmo nos asinou o libro, e nos amosou a caixa de obxectos que Baltasar gardaba con moito agarimo; sobre todo a cartiña que seu pai lle escriba alén os mares.

11/3/14

Entroido 2014

Entroido 2014

Este curso celebramos o Entroido conSigüeiro, saíndo polas rúas e disfrutando con todos.
















Estes son algúns exemplos magníficos do que deu de si o tema elixido para este curso "Investigadores e Ciencia".
Desde Arquímedes ata o profesor bacterio, todos tivemos a nosa creación".

25/2/14

Visita de Ricardo Gómez

"Un chico Diferente", é un libro que narra a historia dun rapaz que ten a rara capacidade de ver o mundo a través das matemáticas. Desde a súa ventana mira como as persoas que pasan pola rúa van acompañadas de sombras, mesmo dobres e triples. A súa habitación é o seu lugar favorito e tamén do Monstruo Abominable ...

"Gente Rara" conta a vida de Patricia e os seus compañeiros. Todos un pouco raros mesmo a profesora ata que aparece "La Escoba" un novo profesor que chega cargado de "boas intencións" ... 

Os dous libros de mais arriba foron algúns dos libros incluídos nas nosas suxerencias do Boletín do Nadal e foron escritos polo fantástico e cordial Ricardo Gómez, que tivo a amabilidade de vir visitarnos ao noso Cole. Aquí tedes algunhas imaxes de ese estupendo momento.