26/4/12

RELATO A RELATO, LEO UN RATO.

Pouco a pouco imos enchendo de relatos o noso libriño. O relato de hoxe comeza así: "Érase unha vez un neno chamado Sergio. Ía a clases de música coa súa amiga Virginia" 
Os vosos relatos enchen de luz as tardes grises e chuviosas!!! Agárdovos na biblioteca. Nica


25/4/12

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Ola nenos e nenas!
Quero darvos a miña noraboa por participar con tanto empeño no encargo que vos enconmedei. Onte atopastedes todas as botellas... bueno para dicir a verdade todas, todas non! A de puntos morados estaba moi agochadiña, aquí na biblioteca.
A de puntos negros estaba no caixón dos xoguetes.

A de triángulos estaba detrás da porta  da conserxería.

Escribindo o título do conto. Acertachedes?
Hoxe deixei na entrada os contos xunto coas botellas, espero que vos gustaran todos, tanto os coñecidos como os que nunca lerades.


A profe Mari lendo "En busca del beso"

A profe Patricia lendo "Maxia" aos de 4 e 5 anos









A profe Patricia na biblioteca lendo "A miña primeira viaxe"











Encantoume recibir tantas visitas aquí na biblioteca. Pero o que máis me gustou foi ver como escoitastedes tan caladiños e caladiñas e con tanta atención os contos que vos contaron. Volvede pronto!!! 
Moitos bicos da troita máis feliz de Sigüeiro!!!
Nica


24/4/12

4 RELATOS MÁIS DOS NENOS E NENAS DE 2º C!!!

Música draconiana, O cisne pianista, A orquestra máis famosa do mundo, A música máis fermosa do mundo son os títulos dos catro relatos que nos envían da aula de 2º C.
Encántame recibir estes agasallos!!! Con tantos contos non teño tempo para aburrirme!!! NICA

23/4/12

O PRIMEIRO RELATO! TEOLÉ!!!

Non podemos comezar a semana de mellor modo, lendo o relato que escribiron dúas nenas de 2ºC. Sara e Lucía de 7 anos preséntannos a:

TEOLÉ, O MÚSICO QUE ENTUSIASMA A OS NENOS.

Había una vez un neno ao que lle gustaba moito a música.El tiña moitas ganas de cumplir anos para comenzar no conservatorio. Chamábase Teolé. Era loiro.

Cando cumpriu oito anos entrou no conservatorio e comezou a tocar o saxofón. Todo o mundo o adoraba.Cando foi maior convertiuse nun compositor moi famoso,ata lle fixeron un museo na provincia de A Coruña. Tres meses despois marchou a vivir a Australia.

Un día un neno do colexio de C.E.I.P. de Sigüeiro díxolle a súa nai:

-¡Mamá,imos ir de excursión ao museo de Teolé!,mamá,¿Cómo se fixo o museo e quen é Teolé?-preguntou o neno.

-Pois mira meu fillo,Teolé é un home que toca o saxofón e tamén é un compositor moi famoso. Agora que xa che expliquei quen era Teolé vouche explicar o do museo. El compuxo moitas cancións e por iso fixéronlle o museo.Alí están as cancións pegadas nas paredes,tamén haberá unha banda que toque as cancións.

Ao día seguinte,o neno chegou ao colexio e marchou no autobús moi contento para o museo. Cando chegou alí quedou pampo. Pensou que ese museo era o máis bonito que vira na súa vida.

De regreso a súa casa díxolle a súa nai que ían facer un grupo de música chamado: AS COMPOSICIÓNS DE TEOLÉ.

De inmediato empezaron a planificar concertos. O día do concertó viron entrar aun home loiro.O neno sabía perfectamente que era Teolé.

Coñecéronse, fixéronse moi amigos e foron de xira polo mundo.


NORABOA SARA E LUCÍA!!! NON HAI TROITA MÁIS FELIZ!!!

DÍA DO LIBRO: CONTOS EN BOTELLA

OLA, SON NICA, A MASCOTA DA BIBLIOTECA. HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL, ESTOU MOI, MOI CONTENTA PORQUE CELÉBRASE UN DÍA MOI IMPORTANTE PARA MIN:
O DÍA DO LIBRO!!!
A MIN ENCÁNTAME ESTAR ENTRE LIBROS, CONTOS... POR ESE MOTIVO PROPÓÑOVOS UN XOGO:
ESCONDÍN POR DIFERENTES LUGARES DO COLEXIO 9 BOTELLAS BRANCAS DECORADAS CON GOMETS DE DIFERENTES CORES. PROPÓÑOVOS ATOPAR AS BOTELLAS, ABRILAS E LER A MENSAXE QUE HAI DENTRO DE CADA BOTELLA. TEREDES QUE ADIVIÑAR O TÍTULO DO CONTO. MAÑÁ COLOCAREIVOS OS CONTOS NA ENTRADA E COMPROBAREDES SE ACERTACHEDES.
MOITOS BICOS E BOA SORTE.

21/4/12

O señor das dunas

O sábado 21 de abril terá lugar un espectáculo de narración oral e animación con area no centro Cultural Fernando Casas Novoa. Tódolos asistentes recibiran un agasallo.

16/4/12

I Certame de relato curto CEIP Sigüeiro


CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO E DA SEMANA DAS LETRAS A BIBLIOTECA DO CEIP SIGÜEIRO CONVOCA O I CERTAME DE RELATO CURTO.

AS BASES PARA PARTICIPAR SON:

  1. PODERAN PARTICIPAR TÓDOLOS ALUMNOS/AS DO COLEXIO DE MANEIRA INDIVIDUAL OU EN UN GRUPO (CURSO, NIVEL).
  2. O TEMA ESTARÁ RELACIONADO DALGÚN MODO COA MÚSICA.
  3. A EXTENSIÓN NON PODERÁ SER MAIOR DE 1 A 3 PÁXINAS.
  4. OS RELATOS ENVIARANSE AO SEGUINTE CORREO ELECTRÓNICO: ceipsigueirobiblio@gmail.com INDICANDO OS DATOS DO/S AUTOR/ES: NOME, CURSO, GRUPO, IDADE.
  5. TIPO DE LETRA: NEW TIMES ROMAN, TAMAÑO 12 E DOBRE ESPAZO.
  6. DATA LÍMITE DE ENVIO: 11 DE MAIO DE 2012
  7. MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG http://bibliosigueiro.blogspot.com.es/


ÁNIMATE E PARTICIPA!

TODOS OS RELATOS SERÁN PUBLICADOS NO BLOG DA BIBLIOTECA!!!