Algunhas Persoas moi Interesantes
Para sentir a ciencia non fai falta ir moi lonxe. Mesmo na nosa comunidade, e desde hai moito tempo as persoas que tiveron curiosidade e creatividade e nos deixaron un legado imposible de esquecer.
Estos son algúns deles:
Alejandro Campos Rodríguez, ou o que é o mesmo Alejandro Finisterre como él decidiu chamarse. Durante a Guerra
Civil, foi ferido e hospitalizado. Incapaz de moverse pensou un xogo
que lle permitise divertirse nese estado. Entón xuntou as súas 2
pasións: o futbol e o tenis de mesa.
Este galego de Fisterra foi o ideólogo dun entretenemento universal: o futbolín. Aquí tedes unha imaxe do que xa existía.
E aquí unha imaxe do Futbolín que ideou Alejandro Finisterre.
Se queredes saber algo mais da súa vida, o documental “Tras el futbolín” dirixido por Bep Moll, é testemuña dela.
Outra destas persoas moi interesantes é: Angela Ruiz Robles (1895-1975).
Esta galega de
Ferrol patentou en 1949 un libro mecánico precursor do electrónico.
A súa mente privilexiada e unha fonda vocación pedagóxica ideou o
primeiro precedente do e-book con 3 obxectivos:
- Alixeirar o peso das carteiras dos nenos.
- Facer mais atractiva a aprendizaxe.
- Adecuar a ensinanza ao ritmo de cada alumno ou alumna.
“O prototipo
ideado pola mestra contiña bobinas distintas para cada materia e
mesmo incorporaba luz e son”.
Outro inesquecible polo futuro que tivo a máquina que el imaxinou, foi Ramón Verea (1833-1899).
Este galego nacido
na aldea pontevedresa de Currantes foi un gran creador,
característica que coidou e estimulou o contacto coa Biblioteca do
seu pobo. Viaxou, fundou un
xornal, e sobre todo patentou una voluminosa calculadora amarela
(fabricada en ferro e aceiro) que foi a primeira do mundo en ser
capaz de realizar catro operación aritméticas (suma, resta,
división e multiplicación) manexando cifras de ata 9 díxitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario