29/4/14

Visita de Novo Autor

O autor de "O Castañeiro de Abril" Antonio Manuel Fraga visitounos

 e contounos cousas moi interesantes.
 As suas historias fixeron que estiveramos moi atentos a todo o que dicía
 E claro, falounos do Castañeiro de Abril, o seu precioso libro, que narrado por Buto o zapateiro, nos fala da historia dun neno cego -Baltasar- que non pode ir a escola. Baltasar ten dous amigos: un can e "O Castañeiro de Abril". Ë un personaxe a quen só Baltasar ve, grazas a forza da imaxinación e da fantasía. Vaille contando o que vai pasar antes de que ocorra.
É un conto que nos fala da superación, da importancia que ten a ilusión e as ganas de facer cousas que nos permite que calquer atranco da vida poida ser salvado a pesares das dificultades.


Como podedes ver nas imaxes o autor ademais de deleitarnos coa súa conversa, mesmo nos asinou o libro, e nos amosou a caixa de obxectos que Baltasar gardaba con moito agarimo; sobre todo a cartiña que seu pai lle escriba alén os mares.

No hay comentarios: