19/5/14

A RESIDENCIA DA CIENCIA

A obra de teatro "A Residencia da Ciencia" estivo representada polo noso alumnado de 5º. Aquí tedes as súas fotos.


Este é o noso Granham Bell, Oscar.




Matias fíxose moi amigo de Benjamin Franklin.

Isaac Newton non perdeu a súa mazá porque Marcos estivo moi atento.

As nosas presentadoras, Andrea e Carla, van ser contratadas por calquera TV.

Esta fórmula non ten dúbida. Diego fixo de Einstein.

Steve Jobs estivo representado por Emiliano.

Iván co seu telescopio, imitou a Galileo Galilei.
Falando de ciencia non poden faltar os científicos do futuro: Jorge e Leila interpretaron  a Adela e Miguel.
A mestura do chocolate co leite ideouna Henri Nestle. Jesús estivo contento de representalo.

Laura meteuse no papel da científica Barbara McClintock que fixo real o pan de millo.

As xornalistas Lorena e Lucía puxéronnos ao tanto das novas sobre a ciencia.

A Demian gústalle tanto a auga como a Arquímedes, o cientifico que el representou.

Marconi e Daniel fundíronse nunha mesma persoa.
Rosalía trouxonos á memoria o papel que representou Hypatia no mundo das matemáticas.


Gobernando a residencia dos científicos estivo Merlin, o noso Rubén.

Mesmo houbo representación de familias de científic@s. Aquí están as Curie, Antía e Nerea.

Despois de tanto traballo e tantos nervios, ben se mereceron un descanso. Porque, realmente, traballaron con ilusión e o resultado foi magnífico. Todos disfrutamos da representación deste estupendo grupo.
Ánimo, e a por mais.

No hay comentarios: