30/11/14

CLUBE DE LECTURA

Hoxe quero compatir convosco
unha das novas actividades que arrancaron este curso
para fomentar o gusto pola lectura:

O CLUBE DE LECTURA


É unha actividade promovida polo
Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do centro
e vai destinada a alumnado de 5º e 6º de E. Primaria

Para participar só fan falta ganas...
e son tantas as que puxeron os nenos e nenas
que a cifra de participantes supera o medio cento, 
sendo preciso crear 2 grupos


Para comezar esta andaina,
escolleron a obra:

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
de Ledicia Costas

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2014


No clube comparten experiencias en torno á historia:
que ocorreu até o de agora,
como imaxinan físicamente a tal personaxe,
que lles sorprendeu,
que cren que acontecerá,
etc


Pero a obra escollida,
non só lles permite mergullarse nunha historia literaria e compartila,
senón que tamén os inicia no mundo da cociña
ao recoller diferentes receitas


Receitas que os membros do clube se animan a facer na casa
e que comparten no mesmo


MMMMMMMMMM....

Así que o clube convértese nun faladoiro,
pero tamén nun lugar de encontro, de experiencias,
de convivencia, de aprendizaxe, de amizade...


O ritmo ven marcado polo acordo entre os membros do mesmo,
de cada sesión levántase acta,


e as convocatorias, recordatorios, novas e demáis
recóllense no seu taboleiro


Un aplauso ben forte para estos nenos e estas nenas que, 
voluntariamente, participan con gusto deste tipo de actividades e,
por suposto, para o profesorado que o promove

E PARA VÓS UN SAÚDO, QUERIDOS LECTORES E LECTORAS!
AGÁRDOVOS!

1 comentario:

CELIA dijo...

EN PRIMER LUGAR NORABOA AO PROFESORADO POR POÑER EN MARCHAR ESTA ACTIVIDADE, PORQUE PARÉCEME FANTÁSTICA PARA OS NENOS E NENAS.
ADRIÁN ESTÁ DESEXANDO QUE SEXA MÉRCORES PARA TER A REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA.
ASÍ QUE A SEGUIR DISFRUTANDO!!!!