22/12/14

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS (III, A LEDICIA)

Seguindo co noso tema do curso: AS EMOCIÓNS,
hoxe amósovos a pegada que deixaron 
os nenos e as nenas de 1º e 2º de primaria,
tras o traballo realizado ao longo do primeiro trimestre
en torno á 

LEDICIA

1º A achegouse a tal emoción
a través da obra 
"ALEGRÍA"

ALEGRIA

De Juan Manuel Zuk

(preme na imaxe e visita o seu blog)

Facendo a súa propia versión
1º B traballou a ledicia a través da obra 
"CIELO EN AMARILLO" 


De Catalina Alwyn

(preme na imaxe e coñece máis sobre ela)

Os nenos e nenas reproduciron a súa obra empregando diferentes técnicas plásticas
2º A mergullouse na emoción da ledicia coa obra
"AMANECER"
De Joan Miró

(preme na imaxe e descubre máis sobre el)

Facendo a súa interpretación empregando diferentes técnicas plásticas 
e traballando en pequenos grupos


E 2º B escolleu unha homenaxe ao pintor Romero Britto
realizada por Margarita R. Gómez Vélez

(preme na imaxe e visita o seu blog)


Se queres coñecer ao autor homenaxeado, preme na seguinte imaxe:


Sendo esta a pegada que deixan os nosos e as nosas artistas de 2º B


Bo traballo lectores e lectoras de 1º e 2º!

E a vós, que seguides o noso traballo polo blog ...

Anímovos a deixar os vosos comentarios!
SAUDIÑOS!

No hay comentarios: