Ola lectores e lectoras!
Como vai o curso?
No noso centro, os nenos e nenas maiores seguen a gozar do Clube de lectura
Pero este segundo trimestre con novidades...
O éxito desta iniciativa promovida voluntariamente
por mestres e mestras do centro durante o 1º trimestre,
fixo que neste 2º aumentara o número de lectores e lectoras
Pois aos de 5º e 6º curso, sumáronse desta volta os nenos e as nenas de 4º
E a obra escollida foi
MEMORIAS DUN NENO LABREGO
De Xosé Neira Vilas
(preme na imaxe para saber máis sobre el)
Unha icona da literatura galega
que recolle as aventuras de Balbino,
un neno labrego de familia pobre
que vai recollendo reflexións sobre a vida a partires das súas vivencias
A rutina segue a ser a mesma,
conversar e reflexionar arredor do que acontece
nos capítulos marcados para cada sesión
Ao remate, os e as participantes visitarán o MUPEGA
(Museo Pedagóxico de Galicia)
BO TRABALLO LECTORES E LECTORAS
E MESTRES E MESTRAS!
2 comentarios:
Que bien que cada vez se sumen mas niños a la iniciativa,es super importante la lectura.
Yo tambien lei este libro cuando iba al cole(ya llovio ehhhh).
Que buenos recuerdos!!!
Pois sí, o certo é que o clube de lectura está a funcionar moi ben. Lembremos que a participación no mesmo é voluntaria... Así que noraboa ao alumnado que decide participar e, por suposto, ao profesorado que, voluntariamente, o promove!
Un saúdo, Mary
Publicar un comentario