27/2/12

Encontro con Silvestre Gómez Xurxo


O xoves 23 de febreiro tivo lugar ás 10:00 da mañá no salón de actos do colexio un encontro co escritor Silvestre Gómez Xurxo para falar do libro Ti non xogas! (Xerais, 2011) ao alumnado do 2º ciclo de E. Primaria.

O AUTOR

Silvestre Gómez Xurxo (Beba, Mazaricos 1951) é mestre, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía. Director da Escola de Formación Social de Vigo. Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia. Co-autor, xunto con Ana María Llanes do método de aprendizaxe da lectura en lingua galega “De Vagar” (Xerais 1999, 2003). O seu primeiro libro foi Conversas do Pai Seixas (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: Déixao medrar (Xerais 2000), novela; Ith (Xerais 2001), novela Todo vai ir ben (Xerais 2005) e Ti non xogas! (Xerais 2011).

TI NON XOGAS!

Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque cando quería xogar Róber chimpoulle: —Ti non xogas! Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se podía facer, que todos poden xogar e ninguén ten dereito sobre os demais. Por iso Suso está amolado, porque non soubo que facer.

Información facilitada en http://www.xerais.es/cgi-bin/index.pl
Aquí tendes algunhas das fotos do encontro co escritor!


No hay comentarios: