8/2/12

Preparando o Entroido

!Chega o Entroido! Recordade que aínda que o entroido é unha festa, sobre todo, para estar e disfrutar cos demais, tamén é unha ocasión para coñecer algo dos nosos costumes. Na biblioteca atoparedes algúns textos e diversos libros que vos poden achegar a este tempo.

Pola nosa parte, estamos a traballar nas vestimentas e nas músicas que imos utilizar para disfrazarnos e bailar o venres da vindeira semana.

Os nenos e nenas de catro anos e as súas profes queremos contarvos un pequeno secreto: moveremonos a ritmos africanos. As nosas profes, suscritoras desta noticia, animanvos a que coñezades a nosa autora seleccionada: Angelique Kidjo.



No hay comentarios: