OLA LECTORAS E LECTORES!
Como xa sabedes, no cole estamos a festexar
unha xornada especial en cada trimestre,
adicada a coñecer a relación que hai
entre as matemáticas e outros eidos
as famosas XORNADAS MATEMOCIÓNS
Neste trimestre, a data escollida para o evento, foi o 27 de xaneiro,
pois neste día do ano 1756 naceu Mozart;
e a xornada busca coñecer a relación que gardan as Matemáticas e a Música.
Por iso foi unha xornada de MATEMÚSICA
Ademáis das actividades concretas que cada grupo de primaria fixo para achegarse a tal relación,
o RECANTO MATEMOCIÓNS de Infantil,
engadiu á matemaxia,
(preme neste enlace para lembrar a creación deste recanto:
elementos para festexar a MATEMÚSICA
E que fixeron desta volta no recanto?
Pois convertirse en Mozart!!
Como?
Pois creando como o famoso compositor e músico o fixo no seu día:
Así que, cada grupo, dividiuse en 5 quipos, sendo o número 6 o silencio
Cada equipo... ben atento ao número que saía ao lanzar o dado
Unha vez que tiñan o número: a rexistrar!
E así, ata que cada grupo compuxo parte da obra; sendo ésta a peza final
Pero cada grupo, probou ademáis a tocar a súa composición azarosa
O que serviu para coñecer diferentes familias de instrumentos, instrumentos de diferentes partes do mundo, materiais que se poden empregar para facer instrumentos (incluidos materiais de refugallo), adaptarse a un grupo e coordinarse cos diferentes membros para lograr un bo resultado, "ler unha partitura", diferenciar son e silencio, achegarse a diferentes conceptos musicais e símbolos, escoitar como soan diferentes instrumentos... etc
A xornada contou, ademáis, co espectáculo
DO, RE, MI, MOZART XOGA AQUÍ
De Títeres Cachirulo
Na que soaron diferentes pezas de Mozart, entre elas "Xogo de dados"
que os nenos e as nenas traballaron durante diferentes sesións da especialidade de Música,
previas ao día da xornada
Agora... a argallar a última xornada...
QUE PASARÁ?
...
No hay comentarios:
Publicar un comentario