Ao longo da mañá de onte non se escoitou outra cousa:
"cando chegan as cartas?"
Despois de escribir...
E meter no buzón correspondente...
Había moitas ganas de que o destinatario ou destinataria recibise a carta
e, por suposto!, saber se había carta para cadaquen!
Así que o equipo tivo moito traballo para chegar a tempo:
Abrir os buzóns
(CANTAS CARTAS!!!)
Lembremos que era unha actividade voluntaria
Ordealas por cursos
Montar os paquetes da correspondencia...
E... finalmente, facer a entrega
Só podemos dicir... GRANDE o éxito desta iniciativa
que, de seguro, terá vindeiras edicións
Porque as caras e as reaccións dos nenos e nenas ao petar na porta e dicir... "entrega do correo"
foi máis que emocionante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario