Fai unhas semanas, tódolos grupos do cole foron citados na biblioteca do centro.
Cada grupo recibiu unha carta
"tal día, a tal hora, teredes que enviar á biblioteca do centro a un ou unha representante"
E así foi, os e as representantes de cada clase
acudiron ao encontro coa peza correspondente
Feitas as presentacións, cada un e cada unha falou en nome do seu grupo
explicando que pensaban que era aquilo:
"dentes, un dragón, escamas dun peixe, o arco da vella,
a carpa dun circo, unha troita..."
Para saír de dúbidas, só había unha opción:
MONTAR O CREBACABEZAS
Rematado... Non había dúbidas!
Todos e todas estaban dacordo
Aquela tiña que ser... NICA!!
Pero xurdiu unha nova dúbida... Onde está?
Así que... a buscala!!
Un dos representantes atopou algo...
Outro prepárase para rachar o papel...
E...
LISTO!!!
Queda desvelado un dos misterios máis misteriosos!
Pois a cotío se escoitaba "Onde está Nica?"
"Como é Nica?"
BO TRABALLO, REPRESENTANTES!
(Moitas grazas, Maricha
Por conseguir que Nica poida estar representada na nosa biblio,
pois xa sabemos todos e todas que vive no río
Eres unha artista!)
2 comentarios:
Pero que preciosa es Nica!!!
Con ese colorido seguro que ea la reina del rio y por supuesto de la biblio.
Enhorabuena a la creadora
Grazas, Mary! Achegamos o agradecemento
Publicar un comentario