30/4/15

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES (DÍA DO LIBRO)

Ao longo da Semana do Libro,
realizamos diferentes encontros, 
de xeito que tódolos grupos do cole se encontraron con outros:
uns exerceron de padriños e madriñas lectoras
e outros de afillados e afilladas

A cita era nunha sesión determinada e, como non, na biblioteca
Alí, organizáronse as parellas



Os afillados e afilladas escollían o libro


que os padriños e as madriñas terían que ler



Despois da lectura, compartiron momentos 
de intercambio de ideas, observación das imaxes...
E tempo de lecer



Ata que chegou o momento da despedida...




Foi unha experiencia moi emocionante 
(de emocións anda a cousa este curso...)
que, de seguro, teremos que repetir!

Ata pronto madriñas e padriños!

(Podedes ver máis nos diferentes blogs do centro,
os enlaces están na barra dereita deste mesmo blog)

No hay comentarios: