Seguimos co noso proxecto anual en torno ás EMOCIÓNS
Durante o 1º trimestre, traballamos as emocións a través da arte
Lembrades?
Pois no 2º trimestre fixémolo a través da palabra
Cada grupo traballou a expresión oral das diferentes emocións;
por exemplo, contando cada día como se sinte un neno ou unha nena do grupo
O remate do traballo a través da palabra
veu coa montaxe dos PARAUGAS DAS EMOCIÓNS
Cada ciclo, tiña asignado unha emoción concreta
e cada aula montou un paraugas con tantas pingas
e palabras relacionadas coa mesma coma nenos e nenas
Unha vez feitos,
incorporáronse aos recantos, xa iniciados no 1º trimestre,
de cada emoción
Así, os PARAUGAS DA LEDICIA
foron elaborados polos nenos e polas nenas de E. Infantil
Nos que se poden ler palabras como
FAMILIA, CIRCO, SORRISO...
Os PARAUGAS DA TRISTURA
foron elaborados polos nenos e polas nenas de 1º e 2º de E, Primaria
Nos que se poden ler palabras como
CHORAR, MORTE, MALTRATO...
Os PARAUGAS DA IRA
foron elaborados polos nenos e polas nenas de 3º e 4º de E. Primaria
Nos que se pode ler
VIOLENCIA, VENGANZA, INSULTOS...
E, fianlmente, os PARAUGAS DO MEDO
foron creados polo alumnado de 5º e 6º de E. Primaria
Nos que se pode ler
TERROR, SINIESTRO, INFERNO...
E vós? Tedes palabras para cada emoción?
Animádevos a visitar a nosa exposición!
No hay comentarios:
Publicar un comentario