Ola lectores e lectoras!
A piques de rematar o 1º trimestre,
teño pendente amosarvos toooooodo
o que traballamos co noso tema ao longo do mesmo
Como xa sabedes, o tema do centro escollido para este curso son
AS EMOCIÓNS
E a misión que lles enviei aos meus lectores e lectoras da escola
era a de achegarse a elas a través da arte, máis concretamente da pintura
O resultado: un fermoso traballo que podedes visitar polos corredores do centro,
tanto no edificio de primaria coma de infantil
E hoxe, comezo a contarvos o traballo que levaron a cabo os
nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria
Os catro grupos traballaron en torno á
IRA
Ao longo do trimestre, coñeceron que é a ira,
cal é a súa cor, que a representa, que provoca ira para cadaquen,
cales son os seus xestos
...
Pero tamén profundizaron nunha obra escollida:
as cores, as técnicas, o autor ou autora, o significado...
O traballo realizado nestes meses, deixa a seguinte pegada:
OS GRUPOS 5º A E 6º B, descubriron conxuntamente a
OSWALDO GUAYASAMIN
(preme na imaxe para coñecer máis sobre el)
5º A a través da obra: "LAS MANOS DE LA PROTESTA"
Sendo esta a súa interpretación:
E 6º B, a través da obra: "EL GRITO"
facendo a seguinte interpretación:
Por outra banda, 5º B descubriu a
HERBERT RODRÍGUEZ
(preme na imaxe para coñecer máis sobre el)
A través da obra: "LOCO DE IRA"
E 6º A descubriu a
JORGE CORLETO
(preme na imaxe e coñece máis sobre el)
A través da obra: "LA IRA"
A partires da que elaboraron a súa propia:
Ben bonito este recanto a pesares de tratar a IRA,
non vos parece?
Volverei para amosarvos outra emoción.
Ata pronto!
Agardo os vosos comentarios
1 comentario:
PARABÉNS PARA OS COMPAÑEIR@S DE 5º E 6º, UN GRAN TRABALLO.UN RECANTO ESPECTACULAR!!!!
SAUDIÑOS!
Publicar un comentario