28/2/15

CLUBE HIPOTENUSA (INAUGURACIÓN)

Ola lectores e lectoras!
Como xa sabedes,
o tema deste curso para tódalas bibliotecas escolares de Galicia,
en xeral, son as MATEMÁTICAS

Así que no centro, cos nenos e nenas de Infantil,
vamos a pór en marcha un clube
O CLUBE DA HIPOTENUSA
Onde se reúne este clube?
Pois no Recanto MATEMOCIÓNS


E cando e como?
Por quendas, cada 7 ou cada 15 días, e por niveis
Xa tivo lugar a INAUGURACIÓN deste clube


No recanto, lembraron onde estaban, falaron do que é un clube... 
E sempre... ollos e orellas ben abertas!


Quen quere formar parte deste clube?



TODOS E TODAS!
Pero... para conseguilo HAI UNHA MISIÓN!!
Atopar HIPOTENUSAS na contorna: na casa, na rúa...

Que é unha HIPOTENUSA?
Un animal? Unha cousa? Móvese? Está queda? Se chamamos por ela, ven?
... 
Moitas dúbidas que, para a próxima sesión, teremos que resolver!

Ademáis da inauguración, coñecimos o himno
Sí, sí, temos canción propia!



Escoitade un anaquiño!


E, para rematar, da man de Donald, coñecimos a Pitágoras


"O pai da Música e das Matemáticas"
Terá el algo que ver coa hipotenusa?

Ánimo coa misión!

2 comentarios:

MARY dijo...

Emcontramos un monton de hipotenusas en casa.Al principio nod costo aprender la palabra(no es facil con 3 añitos)pero nos lo pasamos muy bien.
Que suerte contar con musica porque asi todo se aprende mas facil.

Nica, mascota da biblio dijo...

Certo, Mary! Nos vindeiros días, subiremos o tema completo.
Mira que hai hipotenusas polo noso arredor! Cada día atopamos máis
Grazas por comentar!
Un saúdo