28/1/09

DÍA DA PAZ

O venres, 30 de xaneiro, celebramos o "Día Escolar da Non-Violencia e a Paz". Nos últimos quince días:
-Elaboráronse dous murais co lema "A Paz é amizade entre os pobos".
-Fíxose unha exposición de fondos bibliográficos e audiovisuais.
-Dentro do proxecto de cine, cada nivel visionou unha película, que xunto cos fondos bibliográficos utilizouse de base para traballar o tema.
-Nas aulas e na clase de música prepararon varias cancións.
-Moitos alumnos e alumnas seleccionaron e escribiron poemas.
-O alumnado de 5º e 6º realizou as actividades da webquest da biblioteca de Libruxa. Grazas pola vosa xenerosidade.
-Finalmente, o alumnado destes cursos, con toda a información recollida, elaborou un dossier sobre a Paz.
-Por último, o día 30 sairemos todos e todas ao patio a cantar as cancións e faremos unha colecta para a casa de acollida de nenos e nenas "Francisco Palau" de Perú.

14/1/09

JOÁN MANUEL GISBERT

O martes 13 estivo no noso colexio, cos máis de cen alumnos e alumnas de terceiro ciclo de Educación Primaria, o recoñecido e moi premiado escritor catalán Joán Manuel GISBERT. Ao longo do mes de decembro e nos primeiros días de xaneiro, o alumnado desenvolveu as seguintes actividades para coñecer o escritor e a súa obra:
1.- Buscou na biblioteca todas as obras do autor e os que tiñan algunha na súa casa, trouxérona.
2.- Os de 6º, compraron "Magos del atardecer" e lérona de forma compartida na "Hora de ler"; e os de 5º fixeron o mesmo con "El Palacio de los Tres Ojos". Algúns compraron máis libros.
3.- As obras da biblioteca e as aportadas por eles foron rotando e segundo se ían lendo comentábanse na clase.
4.- Buiscaron información sobre o autor, a obra e a ilustradora das obras lidas de forma compartida.
5.- Fixeron un dossier coa información obtida e tres murais que decoraron o salón de actos durante a visita do escritor.



Antes da visita

A visita convertiuse nun taller de imaxinación nos que GISBERT é todo un experto. Ao longo dos noventa minutos que durou, aínda que non no lo parecía a ninguén, o escritor, coa participación dos nenos e nenas, foi desgranando historia tras historia como se se tratase dun libro aberto.



Despois da visita

Esto é o último deste marabilloso día