18/2/09

Cine na escola

O Proxecto Documental Integrado que desenvolvemos no centro este curso ten como tema o cine. O primeiro trimestre do curso adicámolo a seleccionar os recursos cos que imos traballar e diseñar as actividades. No segundo trimestre, desenvolvemos as actividades programadas nas aulas, na biblioteca, saídas, etc. como:

Exposición de materiais adquiridos e fondos que xa había na biblioteca.
Actividades de fomento da lectura, busca e tratamwento de información e visionado de películas.
"Entroido de cine"

E seguimos...

Subiremos fotos proximamente

7/2/09

Entroido 2009

  • O entroido é unha das festas tradicionais que se vén celebrando no colexio desde sempre. Nos últimos cinco anos é unha actividade dentro do Proxecto Documental Integrado que se desenvolve ao longo de todo o curso; e, como o Proxecto deste ano é "Cine na escola", o entroido foi de cine.

    O primeiro foi seleccionar os materiais informativos axeitados e facer unha exposición.


Segundo, para ir entrenando, O MECO ordenou un mandado cada día da semana previa.



Finalmente, a partir das lecturas feitas e das películas visionadas, cada grupo de alumnado deseñou o seu disfraz, e na clase de Música adaptáronlle unha coreografía:

  • Educación Infantil: "Os Picapedra"
  • Primeiro ciclo de Educación Primaria: "Drácula".
  • Segundo ciclo de Educación Primaria: "Piratas".
  • Quinto de Educación Primaria: "Dálmatas"
  • Sexto de Educación Primaria: "Charlot"

Ver galería completa e cartaz na páxina web

Este é o noso plan de lectura (curso 2008/2009)


4/2/09

O fantasma de Canterville

Na última semana, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria leu "O fantasma de Canterville" de Óscar Wilde na Hora de ler.
O libro trata de que a familia Otis vai vivir ao castelo de Canterville, onde habita un fantasma desde fai 300 anos. Éste intenta asustalos, pero os Otis... desconcértano, sobre todo, os xemelgos. Pobre fantasma!
Hoxe vimos a representación desta obra no teatro de "A Salle" o que nos permitiu disfrutar, comparar e analizar as dúas versións: o libro e o teatro. Gustáronnos moito as dúas. Se aínda non o liches, anímate! Seguro que che gustará! E se podes ir ao teatro, non o perdas. Tamén hai a película.