28/2/15

CLUBE HIPOTENUSA (INAUGURACIÓN)

Ola lectores e lectoras!
Como xa sabedes,
o tema deste curso para tódalas bibliotecas escolares de Galicia,
en xeral, son as MATEMÁTICAS

Así que no centro, cos nenos e nenas de Infantil,
vamos a pór en marcha un clube
O CLUBE DA HIPOTENUSA
Onde se reúne este clube?
Pois no Recanto MATEMOCIÓNS

24/2/15

POR FIN... ENTREGA DAS CARTAS EMOCIONANTES!!

Ao longo da mañá de onte non se escoitou outra cousa:
"cando chegan as cartas?"
É que os nosos lectores e as nosas lectoras estaban impacientes

16/2/15

POLO ENTROIDO... CIRCO EMOCIONANTE

Ola amigos e amigas!
Como xa sabedes, o tema do centro para o presente curso son AS EMOCIÓNS
Así que, polo Entroido...
CIRCO EMOCIONANTE!!


Un circo cheo de feras, domadoras, animadores e animadoras, paiasos, "mimos"...
Convidámosvos a visitar a web do centro para ver as fotos deste fermoso circo!




13/2/15

VISITA V. MUÑOZ PUELLES

Os lectores e lectoras de 1º e 2º de Primaria
andan mergullados nunha aventura

10/2/15

SEMANA DAS CARTAS EMOCIONANTES

OLA AMIGOS E AMIGAS!


Como xa vos comentei por carta,
hoxe comezamos unha nova actividade:
A SEMANA DAS CARTAS EMOCIONANTES

9/2/15

O NOSO DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro, festexamos o Día da Paz
Para tal conmemoración, ao longo da semana,
os nenos e as nenas foron traendo "ladrillos para a paz"


cos que fomos construíndo o "muro da Paz"

3/2/15

A MATEMÚSICA, II XORNADA MATEMOCIÓNS

OLA LECTORAS E LECTORES!
Como xa sabedes, no cole estamos a festexar
unha xornada especial en cada trimestre,
adicada a coñecer a relación que hai
entre as matemáticas e outros eidos
as famosas XORNADAS MATEMOCIÓNS

Neste trimestre, a data escollida para o evento, foi o 27 de xaneiro,
pois neste día do ano 1756 naceu Mozart;
e a xornada busca coñecer a relación que gardan as Matemáticas e a Música.
Por iso foi unha xornada de MATEMÚSICA