27/10/09

Magosto-Samaín

O venres 30 celebraremos no colexio o Magosto-Samaín. Ao longo destes 15 días circularon polas clases as maletas viaxeiras con fondos da biblioteca relacionados con estes eventos. Na hora de lectura e noutros momentos aproveitamos e lemos historias de fantasmas, meigas, bruxas... e tamén de castiñeiros, contos populares...

Anisia Miranda

Este sábado deixounos unha escritora á que queremos homenaxear desde aquí tanto pola súa obra como pola importante labor que fixo a prol da lectura cos nenos e nenas da súa vila "Vila de Cruces", onde ten unha Fundación co seu marido Xosé Neira Vilas, e tamén en Cuba, onde naceu e pasou gran parte da súa vida.

50 aniversario das aventuras de Astérix


O 29 de outubro cúmprese o 50 aniversario da publicación de "As aventuras de Astérix". En 1.959 Goscinny e Uderzo publicaron na revista Pilates as primeiras aventuras de Astérix e Obélix e en 1961 saiu o primeiro álbum titulado "Astérix o galo". Desde aquí e ata 1977 coa morte de Goscinny sacaron 28 títulos. A estes hai que engadirlle 5 máis publicados por Uderzo ata un total de 33. Agora co aniversario sae á luz un novo título cun guión inédito de Goscinny e debuxos de Uderzo que esperamos ter pronto na biblioteca