31/1/12

Abraham Carreiro

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de EP tivo un encontro con Abraham Carreiro para falar de "Xoeliki" tal e como anunciaramos no blog de lecturas. A visita extendeuse ao longo de dúas largas horas e foi moi proveitosa, mesmo chegou a pouco. Empezou a visita cunha exhibición marabillosa de ilustración por parte de Abraham que nun "plis-plas" nos plantou nuns pregos de papel continuo os personaxes de Xoeliki (o alumnado quedaba "pampo"). A continuación, cunha presentación, foilles explicando os pasos que el seguiu na construción da historia: documentación, elaboración de múltiples bocetos, influencias... Despois viñeron as preguntas, e, finalmente a firma de libros que Abraham fixo con toda atención, falando con cada neno/a e dedicándolle un cariño a cada un/ha. Todos/as quedaron encantados e con moitas gana de que saia a segunda parte.


27/1/12

Presentación Aula Música do Concello de Oroso

O venres 25 de xaneiro ás 19:00 horas no centro cultural Fernando de Casas e Novoa terá lugar a presentación da aula de música do Concello de Oroso.
Información facilitada por Lucía Vilariño.

24/1/12

Programa de Animación á lectura da Biblioteca Municipal

Información facilitada por Beatriz Durán, bibliotecaria da BPM de Sigüeiro.

23/1/12

Cantando á PAZ

Amiguiños todos, amiguiños xa
os nenos de aquí e os nenos de alá.
Os nenos do mundo todos a cantar...


Viva la gente,
la hay donde quieras que vas...

A festa da Paz, preciosa canción de Damaris Gelabert.

Se tiveras a maxia dun mago ou unha maga.. que farías ?
converterías as balas en flores? fusiles en trombóns e fagots? os tanques en camións de xeados?
Fai as túas propostas!


Lendo sobre a Paz

Ola rapaces e rapazas!
Xa sei que sodes todos moi "pacíficos" e "pacíficas" pero por si esquecedes o que significa a palabra paz gustaríame que pasedes pola biblioteca e leades algúns dos libriños que vos teño preparados na entrada da biblioteca.
Penso que vos gustaran moito!!!
Nica.












EXPOSICIÓNS NOS CORREDORES.
QUE É A PAZ?

A editorial Ekaré utilizando as ilustracións dos contos recórdanos o significado da palabra PAZ.


18/1/12

Libros que nos gustan



Cando plantamos árbores, plantamos as
semillas da paz e da esperanza".

Estas palabras fixeron famosa a Wangari Maathai, a activista keniata que fundou en 1977 o Movimento do Cinturón Verde para promover plantar árbores en África. Wangari naceu no pobo Ihithe no interior de Kenia o 1 de abril de 1940 e estudiou Ciencias Biolóxicas en Estados Unidos onde se graduó en 1966. Regresou ao seu país ao terminar os estudos e axudou ao seu pobo elaborando un plan para que as mulleres se converteran nas guardianas da terra para evitar a súa desertización.
Foi galardoada no ano 2004 co Premio Nobel da Paz recoñecendo o seu compromiso pola sostenibilidade ambiental e reivindicar o papel da muller. Wangari Maathai deixounos o 25 de setembro de 2011 pero a súa memoria pervivirá.
Para saber máis: La madre de los árboles; Wangari y los arboles de la paz.

Guía de Nadal 2011

Ano novo...
libros para tod@s!!!
FELICES LECTURAS!!! FELIZ 2012!!!

6/1/12

Isaac Díaz Pardo




Hoxe dicímoslle adeus a un galego que foi pintor, cartelista, profesor de Debuxo, escritor, editor, empresario... pero, sobre todo, un gran loitador pola nosa Terra, a nosa Lingua, a nosa Cultura.
Oxalá sexamos merecedores da súa herdanza e continuemos o seu labor.


Maternidade (1963)