Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

9/2/15

O NOSO DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro, festexamos o Día da Paz
Para tal conmemoración, ao longo da semana,
os nenos e as nenas foron traendo "ladrillos para a paz"


cos que fomos construíndo o "muro da Paz"

30/1/15

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 Hoxe, 30 de xaneiro, 
o alumnado e o profesorado do centro reunirémonos
para gritar ben alto:
NON Á VIOLENCIA, SÍ A PAZ

 

Dende o Equipo da Biblioteca sumámonos a ese grito,
para conmemorar o Día da Paz e non violencia
tendo presente que é algo que precisa ser real a cotío

28/1/09

DÍA DA PAZ

O venres, 30 de xaneiro, celebramos o "Día Escolar da Non-Violencia e a Paz". Nos últimos quince días:
-Elaboráronse dous murais co lema "A Paz é amizade entre os pobos".
-Fíxose unha exposición de fondos bibliográficos e audiovisuais.
-Dentro do proxecto de cine, cada nivel visionou unha película, que xunto cos fondos bibliográficos utilizouse de base para traballar o tema.
-Nas aulas e na clase de música prepararon varias cancións.
-Moitos alumnos e alumnas seleccionaron e escribiron poemas.
-O alumnado de 5º e 6º realizou as actividades da webquest da biblioteca de Libruxa. Grazas pola vosa xenerosidade.
-Finalmente, o alumnado destes cursos, con toda a información recollida, elaborou un dossier sobre a Paz.
-Por último, o día 30 sairemos todos e todas ao patio a cantar as cancións e faremos unha colecta para a casa de acollida de nenos e nenas "Francisco Palau" de Perú.