30/4/15

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES (DÍA DO LIBRO)

Ao longo da Semana do Libro,
realizamos diferentes encontros, 
de xeito que tódolos grupos do cole se encontraron con outros:
uns exerceron de padriños e madriñas lectoras
e outros de afillados e afilladas

27/4/15

A NOSA ELECCIÓN (DÍA DO LIBRO)

Para conmemorar o Día do Libro,
ademáis da actividade de "padriños lectores e madriñas lectoras",
montamos unha exposición cos nosos libros favoritos

23/4/15

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO


Lectores e lectoras,
xa vos amosarei como estamos a festexar na escola esta semana taaaaaan especial


E, en concreto, o día de hoxe


Namentres, non deixedes de ler!!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!


15/4/15

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS (2º TRIMESTRE)

Seguimos co noso proxecto anual en torno ás EMOCIÓNS
Durante o 1º trimestre, traballamos as emocións a través da arte
Lembrades?
Pois no 2º trimestre fixémolo a través da palabra

9/4/15

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este curso está cargado de novidades.
Unha actividade que puxemos en marcha foi a de
MOCHILAS VIAXEIRAS
Unha iniciativa de bibliotecas escolares de Galicia
que permite á biblioteca do centro o contacto coas familias