Mostrando entradas con la etiqueta Escritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escritores. Mostrar todas las entradas

9/3/12

Encontro coa escritora Ana Alonso


O pasado 9 de marzo estivo na nosa biblioteca a escritora Ana Alonso co alumnado de 1º ciclo, 2º curso de primaria para comentar aspectos dos libros da colección Pizca de sal da editorial Anaya. A autora de Juana sin miedo, La casita de la verdurita, Un cocodrilo misterioso... presentou os títeres relacionados cos diferentes libros e respondeu a todas as preguntas dos nenos e nenas. A actividade rematou asinando os libros por parte da escritora. Foi un encontro moi agradable e interesante, o alumnado prestou moita atención e demostrou moita admiración por Ana!


Se queredes saber máis sobre a escritora e a colección Pizca de sal na páxina http://www.anayapizcadesal.com/ atoparedes moitas actividades e propostas interesantes!!!

27/2/12

Encontro con Silvestre Gómez Xurxo


O xoves 23 de febreiro tivo lugar ás 10:00 da mañá no salón de actos do colexio un encontro co escritor Silvestre Gómez Xurxo para falar do libro Ti non xogas! (Xerais, 2011) ao alumnado do 2º ciclo de E. Primaria.

O AUTOR

Silvestre Gómez Xurxo (Beba, Mazaricos 1951) é mestre, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía. Director da Escola de Formación Social de Vigo. Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia. Co-autor, xunto con Ana María Llanes do método de aprendizaxe da lectura en lingua galega “De Vagar” (Xerais 1999, 2003). O seu primeiro libro foi Conversas do Pai Seixas (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: Déixao medrar (Xerais 2000), novela; Ith (Xerais 2001), novela Todo vai ir ben (Xerais 2005) e Ti non xogas! (Xerais 2011).

TI NON XOGAS!

Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque cando quería xogar Róber chimpoulle: —Ti non xogas! Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se podía facer, que todos poden xogar e ninguén ten dereito sobre os demais. Por iso Suso está amolado, porque non soubo que facer.

Información facilitada en http://www.xerais.es/cgi-bin/index.pl
Aquí tendes algunhas das fotos do encontro co escritor!


31/1/12

Abraham Carreiro

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de EP tivo un encontro con Abraham Carreiro para falar de "Xoeliki" tal e como anunciaramos no blog de lecturas. A visita extendeuse ao longo de dúas largas horas e foi moi proveitosa, mesmo chegou a pouco. Empezou a visita cunha exhibición marabillosa de ilustración por parte de Abraham que nun "plis-plas" nos plantou nuns pregos de papel continuo os personaxes de Xoeliki (o alumnado quedaba "pampo"). A continuación, cunha presentación, foilles explicando os pasos que el seguiu na construción da historia: documentación, elaboración de múltiples bocetos, influencias... Despois viñeron as preguntas, e, finalmente a firma de libros que Abraham fixo con toda atención, falando con cada neno/a e dedicándolle un cariño a cada un/ha. Todos/as quedaron encantados e con moitas gana de que saia a segunda parte.


3/11/11

Premios literarios



Empezamos este curso con dúas novas moi importantes para o libro galego. Dous dos autores máis queridos e un ilustrador destacan moi alto a nivel internacional:
  • Agustín Fernández Paz recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil 2011 polos seus moitos e valiosos libros, escritos todos eles en galego e traducidos a maior parte a outras linguas.


  • Fina Casalderrey como escritora e Miguel Anxo Prado como ilustrador foron nomeados con outros candidatos ao premio Memorial Astrid Lindgren 2012 que otorga o goberno sueco en homenaxe da autora de "Pipi Calzalargas" Astrid Lindgren.
Noraboa aos tres!!!
E para todos vós: "Un bo escritor sempre é primeiro un gran lector"
Ánimo!!!

22/2/11

Visita do autor Ricardo Alcátara

Este xoves 24 de febreiro, visítanos o escritor Ricardo Alcántara, aproveitando que o alumnado de 2º nivel de primaria traballou tres dos seus libros:

- "Tomás y el lápiz mágico"
- "¿Quién ayuda en casa?"
- "¿Quién menea el esqueleto?"

Ao remate da actividade, contarémosvos como nos foi e ensinarémosvos algunhas fotos.


1/12/10

Anxo Fariña


O venres 3 de decembro vainos visitar o ilustrador, escritor e deseñador de libros galego, ANXO FARIÑA. Estamos moi contentos porque é a terceira vez que vén ao noso colexio. A primeira, estivo cos máis pequenos; a segunda, o curso pasado, estivo cos do terceiro ciclo para falar dos Megatoxos. A ver se continúa a colección! O que máis chama a atención son os debuxos; son sinxelos, dinámicos e con moita cor. E que rápido e ben os fai! -dicía o alumnado. Fixo unha megatoxa dunha compañeira nun plis-plas!

Este día vén para falar, co alumnado de terceiro ciclo, dun libro de vampiros, lobishomes, momias... moi sinxelo e que se leu moi rápido, "A Monstroescola". Foi unha das lecturas das maletas do Magosto e Samaín.

30/3/10

Encontro con Ricardo Gómez

Ricardo Gómez é un escritor de Literatura Infantil e Xuvenil moi querido no noso colexio. É a segunda vez que nos visita, esta vez para estar co alumnado de segundo ciclo de EP que neste segundo trimestre leu e traballou o seu libro "Los zorros del norte". Aos rapaces e rapazas encantoulles a historia, e, sobre todo, a calidade humana da obra, que nos libros de Ricardo xa é unha constante, aínda que non por eso deixa de sorprendernos. Logo, o encontro co autor corroborou esto e moito máis, e foi un momento magnífico para todos os lectores e lectoras.

24/2/10

Anxo Fariña no noso colexio

Hoxe estivo co alumnado de terceiro ciclo de educación primaria Anxo Fariña. Foi un encontro entrañable e moi didáctico. Os nenos e nenas estiveron lendo e traballando en grupo un libro dos Megatoxos. Gustoulles moito e seguen coa saga, agora en forma de Libro-forum, é dicir, lemos individualmente en horario extraescolar unha parte acordada entre todos e despois comentámola na clase. Está resultando moi ben. E a visita moito mellor. Anxo foi debullando paso a paso, e de maneira lúdica, o proceso para facer historias debuxadas e escritas ou escrtas e debuxadas. Foi unha lección estupenda para todos e todas. Agora seguiremos en contacto a través do seu blog.

27/10/09

Anisia Miranda

Este sábado deixounos unha escritora á que queremos homenaxear desde aquí tanto pola súa obra como pola importante labor que fixo a prol da lectura cos nenos e nenas da súa vila "Vila de Cruces", onde ten unha Fundación co seu marido Xosé Neira Vilas, e tamén en Cuba, onde naceu e pasou gran parte da súa vida.

28/4/09

Consuelo Jiménez Cisneros

Hoxe, o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria recibiu no salón de actos á escritora Consuelo Jiménez Cisneros.
Na hora de lectura do último mes leron de forma compartida "Aínda quedan piratas na costa da Morte", unha novela de aventuras que homenaxea a outra grande da literatura xuvenil universal "A illa do tesouro".
A historia ocorre na costa da Morte onde a autora pasou un verán e quedou maravillada desta terra. Heitor, o protagonista, é un neno madrileño un pouco vago que, grazas á súa curmá Carolina, a súa vida vai dar un xiro moi importante ademais de vivir unha apaixoante historia de piratas con final feliz.
Se non o lestes, animádevos! Está na biblioteca. Se vos gustan os libros de aventuras, non vos decepcionará!

14/1/09

JOÁN MANUEL GISBERT

O martes 13 estivo no noso colexio, cos máis de cen alumnos e alumnas de terceiro ciclo de Educación Primaria, o recoñecido e moi premiado escritor catalán Joán Manuel GISBERT. Ao longo do mes de decembro e nos primeiros días de xaneiro, o alumnado desenvolveu as seguintes actividades para coñecer o escritor e a súa obra:
1.- Buscou na biblioteca todas as obras do autor e os que tiñan algunha na súa casa, trouxérona.
2.- Os de 6º, compraron "Magos del atardecer" e lérona de forma compartida na "Hora de ler"; e os de 5º fixeron o mesmo con "El Palacio de los Tres Ojos". Algúns compraron máis libros.
3.- As obras da biblioteca e as aportadas por eles foron rotando e segundo se ían lendo comentábanse na clase.
4.- Buiscaron información sobre o autor, a obra e a ilustradora das obras lidas de forma compartida.
5.- Fixeron un dossier coa información obtida e tres murais que decoraron o salón de actos durante a visita do escritor.



Antes da visita

A visita convertiuse nun taller de imaxinación nos que GISBERT é todo un experto. Ao longo dos noventa minutos que durou, aínda que non no lo parecía a ninguén, o escritor, coa participación dos nenos e nenas, foi desgranando historia tras historia como se se tratase dun libro aberto.



Despois da visita

Esto é o último deste marabilloso día