27/2/12

A ilustración é para os nenos a entrada na arte"

"Que os nenos vexan de todo, cousas que os enriquezan a nivel plástico. E que escollan eles os libros, que os pais non o fagan por eles..." Marc Taeger, ilustrador.
Estas son algunhas das palabras que o ilustrador suízo Marc Taeger pronunciou no congreso internacional Ilustrando a diversidade que se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela os días 20 ao 23 do presente mes. Nel participaron ilustradores/as de distintos países do mundo, expertos en arte e edición e profesionais da animación e da promoción da lectura.
En coincidencia co mesmo inagurouse a Exposición IlustraMundos, que pernanecerá aberta até o 20 de abril na sala de exposicións do Pazo de Fonseca.
Para máis información:
Exposición ilustraMundos http://ilustramundos.wordpress.com/
Pazo de Fonseca, 20 de febreiro-20 de abril de 2012

Ilustradores participantes:
Mónica Weiss (Arxentina)
David Pintor (Galicia)
Fernando Vilela (Brasil)
Carme Solé Vendrell (Cataluña)
Marc Taeger (Suíza)
Joanna Domanska (Polonia)
Machiel Braaksma (Países Baixos)
Elena Odriozola (Euskadi)
Piet Grobler (Sudáfrica)
Kristina Sabaite (Lituania)
Antonio Seijas (Galicia)
www.facebook.com/campUSCulturae www.usc.es/cam
Moi interesante e recomendable visitala!!! Animais asombrosos!!!Garavanciño! Magenta!


ilustracion

Encontro con Silvestre Gómez Xurxo


O xoves 23 de febreiro tivo lugar ás 10:00 da mañá no salón de actos do colexio un encontro co escritor Silvestre Gómez Xurxo para falar do libro Ti non xogas! (Xerais, 2011) ao alumnado do 2º ciclo de E. Primaria.

O AUTOR

Silvestre Gómez Xurxo (Beba, Mazaricos 1951) é mestre, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía. Director da Escola de Formación Social de Vigo. Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia. Co-autor, xunto con Ana María Llanes do método de aprendizaxe da lectura en lingua galega “De Vagar” (Xerais 1999, 2003). O seu primeiro libro foi Conversas do Pai Seixas (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: Déixao medrar (Xerais 2000), novela; Ith (Xerais 2001), novela Todo vai ir ben (Xerais 2005) e Ti non xogas! (Xerais 2011).

TI NON XOGAS!

Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque cando quería xogar Róber chimpoulle: —Ti non xogas! Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se podía facer, que todos poden xogar e ninguén ten dereito sobre os demais. Por iso Suso está amolado, porque non soubo que facer.

Información facilitada en http://www.xerais.es/cgi-bin/index.pl
Aquí tendes algunhas das fotos do encontro co escritor!


26/2/12

Día de Rosalía, 24 de febreiro

O venres empezamos a clase coa lectura de poemas de Rosalía. A fin de semana o alumnado de terceiro ciclo investigará sobre a autora da que celebramos o 175 aniversario do seu nacemento e continuaremos coa lectura da súa obra coa intención de facer unha escolma que logo publicaremos aquí.
Coincidindo coa data El Patito Editorial presentou Follas Novas, terceiro volume da súa colección de poesía de Rosalía de Castro ilustrada no Espacio de Arte de El Correo Gallego, na rúa do Preguntoiro de Santiago de Compostela. No acto interviron o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, o secretario xeral de cultura, Anxo Lorenzo e contou coa presenza do ilustrador Álvaro de la Vega e a editora Gemma Sesar.

Follas Novas

Guión de Rosalía de Castro | Dibujos de Álvaro de la Vega

Nuevo volumen integrado en la colección promovida por El Patito Editorial, que recupera la poesía de una mujer tan alejada de las convenciones de su tiempo y tan universal como Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837-Padrón, 1885) en ediciones ilustradas por destacados artistas. Esta nueva entrega, cuya edición coincide con la celebración en 2012 del 175 aniversario del nacimiento de la autora, va dedicada a Follas novas, poemario de gran hondura y riqueza expresiva que supuso la consagración definitiva de la padronesa en las letras gallegas. En estos poemas, Rosalía se convierte en cronista comprometida de los problemas de su época, centra su atención en las mujeres desde una mirada radicalmente moderna y se desnuda a sí misma, íntima y melancólica. Las ilustraciones de Álvaro de la Vega (Paradela, 1954) profundizan y dialogan con acierto con los diferentes registros manejados por Rosalía, en un recorrido que traduce en imágenes su melancolía, su ironía o su manifiesta rebeldía, revelando, una vez más y con gran acierto, el alcance universal y la vigencia de sus creaciones.

Información obtida http://www.elpatitoeditorial.com/

16/2/12

O Entroido no Concello de Oroso


Dende o Concello Lucía Vilariño achéganos as bases para participar no Concurso do Disfraces que se vai celebrar o sábado 18 de febreiro no pavillón Municipal. Animádevos, hai premios para os mellores disfraces!!!

8/2/12

Preparando o Entroido

!Chega o Entroido! Recordade que aínda que o entroido é unha festa, sobre todo, para estar e disfrutar cos demais, tamén é unha ocasión para coñecer algo dos nosos costumes. Na biblioteca atoparedes algúns textos e diversos libros que vos poden achegar a este tempo.

Pola nosa parte, estamos a traballar nas vestimentas e nas músicas que imos utilizar para disfrazarnos e bailar o venres da vindeira semana.

Os nenos e nenas de catro anos e as súas profes queremos contarvos un pequeno secreto: moveremonos a ritmos africanos. As nosas profes, suscritoras desta noticia, animanvos a que coñezades a nosa autora seleccionada: Angelique Kidjo.