21/12/13

ANXO MOURE, o "Apalpador"

O "Apalpador" veu visitarnos e contounos unha preciosa historia sobre as árbores. Os pequenos e pequenas estuveron moi atentos. Fixádevos nas imaxes e o entenderedes.





CONTACONTOS do ANPA

Esta é outra das actividades que tivemos polo Nadal. Os pais e nais do Anpa fixeron unha representación con contacontos, que disfrutamos na Sala multiusos.



Foi moi agradable. Non fai falta mais que observar o atentos que estabamos todos.

Chega MELGASAR

Como tódolos anos, veu visitarnos "Melgasar", o noso particular Papa Noel. Chegou en coche e coa expectación de todos como podedes ver nas imaxes



 Os mais pequenos poideron falar con él e entregarlle a súa carta.



 Para pequenos e pequenas non sempre é fácil falar con alguén tan importante.

 Algúns mesmo precisan da axuda e apoio das nosas profes.

Como eramos moitos, houbo que agardar polo noso turno pero non foi dificil

 E tamén se animaron a expresar os seus desexos algunha das nosas profes.
Foi un día especial.


Cos nosos compañeiros e compañeiras disfrutamos do día e fixemos fotos para gardar un recordo deste momento tan especial acompañados pola/s nosa profe.