19/12/10

Un mar de aventuras, un mar de regalos

Xa está disposta na entrada da biblioteca a exposición de libros do boletín de nadal. Ten dúas partes, unha de libros relacionados co mar, tema do proxecto deste curso, e outra de novidades e recomendacións xerais. Animádevos, botádelles unha ollada e ide pensando cales lle ides pedir a Papá Noël e aos Reis Magos.

1/12/10

Anxo Fariña


O venres 3 de decembro vainos visitar o ilustrador, escritor e deseñador de libros galego, ANXO FARIÑA. Estamos moi contentos porque é a terceira vez que vén ao noso colexio. A primeira, estivo cos máis pequenos; a segunda, o curso pasado, estivo cos do terceiro ciclo para falar dos Megatoxos. A ver se continúa a colección! O que máis chama a atención son os debuxos; son sinxelos, dinámicos e con moita cor. E que rápido e ben os fai! -dicía o alumnado. Fixo unha megatoxa dunha compañeira nun plis-plas!

Este día vén para falar, co alumnado de terceiro ciclo, dun libro de vampiros, lobishomes, momias... moi sinxelo e que se leu moi rápido, "A Monstroescola". Foi unha das lecturas das maletas do Magosto e Samaín.

Magosto-Samaín

Un ano máis, con motivo destas celebracións, o equipo da biblioteca preparou as maletas con fondos informativos e de fición relacionados con estes eventos, que viaxarán polas aulas ao longo desta quincena .
Ao mesmo tempo, o alumnado adornou o centro con cabazas e outros motivos recordando a festa celta

Ademais, o alumnado de terceiro ciclo investigou sobre os medos populares e elaborou este traballo a partir de información atopada en internet, nos libros das maletas e a recollida nas súas familias.