26/4/13

DIA DO LIBRO

Esta maravilla que podedes ver é unha colaboración das chicas de infantil que amosan unha grande habilidade para estas pequenas-grandes cousas, e que nos axudaron a crear este recuncho.


25/4/13

Día do Libro

O día do libro é importante para tod@s nos. Os libros rodeánnos, dannos información, apórtannos coñecementos, transportannos a mundos ignotos: un verdadeiro disfrute.





Todos os pequenos e pequenas do último curso de infantil participaron e ademais o fixeronno encantados: uns leeron poemas, outros cantaron ... 
Pola súa parte os mais maiores visitaron aos mais pequenos e compartiron contos e historias nas aulas dos pequeno que incluso foron de visita as aulas dos maiores.

Pola súa parte os nen@s mais maiores prepararon contos como o do dragón (que dramatizaron os nenos de 3º ) que disfrutaron moitos grupos, mesmo de infantil





Os maiores prepararon eles unha historia contada e acompañada de música. Unha semana magnífica.


12/4/13

Kalandraka nos visita.


Boas amig@s!
Onte tivemos unha visita moi especial. Os nenos e nenas de infantil recibiron a Álex e Patri, uns contadores de contos do máis simpático que traballan para a editorial KALANDRAKA.
Viñeron a relatarnos a historia de "Os petos de Loreto" e o fixeron con axuda de música e vestindo un abrigo como o da protagonista.

Os rapaces desfrutaron un montón desta visita e o conto encantounos a todos.