21/10/13

Algunhas Persoas Moi Interesantes

Algunhas Persoas moi Interesantes

Para sentir a ciencia non fai falta ir moi lonxe. Mesmo na nosa comunidade, e desde hai moito tempo as persoas que tiveron curiosidade e creatividade e nos deixaron un legado imposible de esquecer.
Estos son algúns deles:

Alejandro Campos Rodríguez, ou o que é o mesmo Alejandro Finisterre como él decidiu chamarse.  Durante a Guerra Civil, foi ferido e hospitalizado. Incapaz de moverse pensou un xogo que lle permitise divertirse nese estado. Entón xuntou as súas 2 pasións: o futbol e o tenis de mesa.


Este galego de Fisterra foi o ideólogo dun entretenemento universal: o futbolín. Aquí tedes unha imaxe do que xa existía.

E aquí unha imaxe do Futbolín que ideou Alejandro Finisterre.


Se queredes saber algo mais da súa vida, o documental “Tras el futbolín” dirixido por Bep Moll, é testemuña dela.

Outra destas persoas moi interesantes é: Angela Ruiz Robles (1895-1975). 




Esta galega de Ferrol patentou en 1949 un libro mecánico precursor do electrónico. A súa mente privilexiada e unha fonda vocación pedagóxica ideou o primeiro precedente do e-book con 3 obxectivos: 

  • Alixeirar o peso das carteiras dos nenos.
  •  Facer mais atractiva a aprendizaxe.
  •  Adecuar a ensinanza ao ritmo de cada alumno ou alumna.




“O prototipo ideado pola mestra contiña bobinas distintas para cada materia e mesmo incorporaba luz e son”.


Outro inesquecible polo futuro que tivo a máquina que el imaxinou, foi Ramón Verea (1833-1899).



 Este galego nacido na aldea pontevedresa de Currantes foi un gran creador, característica que coidou e estimulou o contacto coa Biblioteca do seu pobo. Viaxou, fundou un xornal, e sobre todo patentou una voluminosa calculadora amarela (fabricada en ferro e aceiro) que foi a primeira do mundo en ser capaz de realizar catro operación aritméticas (suma, resta, división e multiplicación) manexando cifras de ata 9 díxitos.