29/5/13

SOLIDARIDADE

Os nosos alumnos e alumnas son moi solidarios. Así o proba a súa constancia e a súa dedicación para recoller material en forma de tapóns (que abondan para encher varios sacos) que se empregaran para vender a unha empresa adicada aos plásticos.  Os cartos conseguidos serán, integramente, destinados como axuda para nenos con discapacidades que precisen algunha axuda para colaborar no custo das complicadas operacións  que teñen que soportar.
MOITAS GRAZAS A TOD@S





¡¡¡SEGUIREMOS COA RECOLLIDA  O VINDEIRO CURSO!!!

22/5/13

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS encadrado na Semana das Letras Galegas. Durante toda a semana e organizado polo equipo de Normalización Lingüística poidemos disfrutar dos literatos galegos espacialmente en forma de obras de teatro. Varios cursos fixeron representacións para os demais como se fosen verdadeiros actores.Mesmo os pequenos e pequenas de infantil participaron. ¡Unha maravilla!










 
¡¡¡O vindeiro curso teremos mais e ainda mellor!!!