29/11/11

Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito BET

Aquí vai un vídeo que mostra como van evolucionando as bibliotecas escolares galegas. Presentouse no congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito que se celebrou en Santiago os días 10, 11 e 12 deste mes. Ao final o traballo vese, e, o máis importante, mellora a educación dos nosos alumnos e alumnas.






Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

7/11/11

Preparando o MAGOSTO



Giuseppe Arcimboldo foi un pintor italiano (1527-1593) coñecido sobre todo polas representacións do rostro humano a partir de flores, froitos, plantas, animais e obxectos. Que estación do ano cres que está representado no cadro?
É doado se temos en conta os acios de uvas, cabazas, cogumelos, figos, .... Representou o OUTONO.
Se queres saber máis deste autor faime unha visita na biblio que che contarei máis cousas del.


E para que non te aburras aí van dúcias e dúcias de contos sobre o outono e as castañas, os castiñeiros...
Espero que vos gusten!!!
Nica

6/11/11

Medo? Quen dixo medo?

A última semana do mes de outubro foi terrible para min, nunca pasara tanto medo. Sentía calofríos ó andar polos corredores do colexio tal como estaban cheos de caveiras, pantasmas, bruxas arrepiantes, árbores tenebrosas. Chegara o SAMAÍN!!!

Sabedes de onde vén o Samaín?

Os celtas eran, como outros pobos norteños, cazadores de cabezas. Levaban as cabezas dos seus inimigos a xeito de trofeos de guerra e pendurábanas fachendosos nas murallas das súas fortalezas e nas súas casas. Crían que a cabeza era a morada do espírito, o verdadeiro ser dunha persoa.

Pendurando e venerando a cabeza dos seus inimigos pensaban que gañaban a protección dos poderes máxicos que posuían. Á parte de crer que as cabezas servían para mantérense arredados do mal, os celtas pensaban que podían seguir vivindo despois da morte do seu propietario, independientemente do seu corpo. Cando se deixaron de usar auténticas cabezas humanas nos oficios relixiosos, pasouse a construír réplicas en pedra, madeira, metal e óso. Na Idade de Ferro, colocábase unha vela dentro das cabezas todo ó redor das fortalezas nesta estación que era a máis sinistra do ano céltico.


Xa sei que lestes moito sobre o medo nos libros que levastes nas mochilas viaxeiras e nos que estaban colocados nos expositores. Moi ben

E para finalizar quérovos presentar ao meu amigo Fiz, o gran coleccionista de medos.


Hooooooo...Nica







Ademais das cabazas, o alumnado de terceiro ciclo escribiu unhas cartas a personaxes de medo. Aquí recollemos algunhas.





3/11/11

Premios literarios



Empezamos este curso con dúas novas moi importantes para o libro galego. Dous dos autores máis queridos e un ilustrador destacan moi alto a nivel internacional:
  • Agustín Fernández Paz recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil 2011 polos seus moitos e valiosos libros, escritos todos eles en galego e traducidos a maior parte a outras linguas.


  • Fina Casalderrey como escritora e Miguel Anxo Prado como ilustrador foron nomeados con outros candidatos ao premio Memorial Astrid Lindgren 2012 que otorga o goberno sueco en homenaxe da autora de "Pipi Calzalargas" Astrid Lindgren.
Noraboa aos tres!!!
E para todos vós: "Un bo escritor sempre é primeiro un gran lector"
Ánimo!!!