4/12/12

MÚSICA INFANTIL

A editorial Galaxia acaba de sacar ao mercado dous novos traballos da colección Sonárbore  "Bicos de música" de Mamá Cabra, e "María Fumaça" para achegar a música aos máis pequechos e pequechas da casa.

Bicos de música.

O novo libro-CD-DVD de Mamá Cabra, "Bicos de música", da editorial Galaxia está ilustrado por Kristina Sabaite. Contén dez  belas e alegres cancións para bailar, para choutar, para cantar, para aprender a cruzar, para viaxar con Simbad, para chuchar mel... para bicar. Un bonito agasallo para este Nadal!!!





María Fumaça.

A editorial Galaxia publica "María Fumaça: cantar e bailar para ser máis feliz", un álbum CD-DVD ilustrado por P. Pastor. Contén 24 letras cheas de vida e ledicia conducidas por unha teteira vermella que convida a tomar algo quente para nos esquecer do frío outonizo e invernal. 

O libro gravita arredor de Ruí, un neno cunha parálise cerebral moi severa que, a pesar desa problemática, ten unha gran capacidade para gozar da vida. Temas musicais e vídeos coa participación de Uxía Senlle, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro, Quico Cadaval… Algúns dos vídeos foron elaborados con pictogramas para que os nenos con necesidades especiais poidan gozalo. 

Un obxectivo marabilloso que dá gusto sentir nesta publicación: a discapacidade como aceptación nun ambiente festivo e optimista.



3/12/12

CÓNTOCHE UN CONTO?


CÓNTOCHE UN CONTO?  

O proxecto da biblioteca deste curso títulase  "CONTOS CLÁSICOS" e por iso dende as aulas estanse levando a cabo diferentes actividades relacionadas con este proxecto. 
En Educación Infantil comezaron invitando ás familias para que conten un conto. O único requisito, que sexa un conto clásico. 
Na aula de 5º A  xa lles visitou: - Mayte, nai de Lúa, que contou "O traxe novo do rei", " Ana, nai de Rosalía, que trouxo "Garavanciño" e  Stefanie, nai de Luciana, que contou "Alicia no País das Maravillas". Stefanie narrou o conto e puxo un vídeo sen son.
Pero non serán as únicas que o fagan porque xa hai varias nais, unha madriña e unha avoa esperando para vir contar contos. 
Os contacontos teñen lugar na biblioteca na sesión da hora de lectura. Cando os nenos e nenas regresan a súa aula rexistran os datos da visita como a data, título, nome da persoa que vén contar e a relación coa nena/o (nai, avoa...) 



Agradecemos ás familias a gran acollida desta iniciativa!

QUE LIO DE CUENTOS

Os alumnos e alumnas de 6º A de Primaria escolleron os contos clásicos para reinventar novas historias partido de personaxes tan coñecidas coma Brancaneves, Carapuchiña, o lobo, os porquiños... 


María con "Un día entre amigos", Kiara con "La fiesta marchosa" e Jenny con "Que empiece la fiesta" comenzan esta sección que titulararon "QUE LÍO DE CUENTOS". Lucía fai a presentación. SSSSSSSSSSS! ESCOITADE!!!





CONTINUARÁ.... 

NOVIDADES

Aquí vos presento algúns títulos que foron mercados recentemente para incorporar ao fondos da biblioteca. Agora só necesito que pasedes algún tempiño na biblioteca para que os poidades ler!
Nica.


4/11/12

TEMOS MEDO DE TER MEDO!!!

Tes medo de ter medo?  Pois se medo non queres ter nun libro pódeste esconder. 
E vaia se nos escondemos, agachadiños estamos en contos tan populares coma "Os tres porquiños", "Pinocho", "Carapuchiña Vermella", "Tom Sawyer" "O gato con botas", "Cincenta" "A galiña dos ovos de ouro", "A casiña de chocolate" e moitisimos máis. 
Buscade , buscade, a ver se sodes  capaces de nomear algún  título máis...







24/10/12

Día da Biblioteca


Hoxe é 24 de outubro e, como sabedes, celébrase o Día da Biblioteca.
O cartel que vedes é o que podedes disfrutar (e baixar tamén) da páxina de Bibliotecas da Xunta.



Polo que o noso cole se refire a nosa pequena celebración inclúe visitas á biblioteca do Centro, e a entrega de unha guía para os ususarios da Biblioteca, e un marca páxinas para todo o alumnado.

17/9/12

Charles Dickens

Este ano é o bicentenario do nacemento do escritor Charles Dickens. Todos e todas o coñecedes pero pode que non vos afagades co seu aspecto. Incluímosvos a seguinte imaxe para remedialo.



Como sabedes naceu en 1812 en Portsmouth (Inglaterra) e morreu en 1870 en Kent, capital cultural de Canterbury, tamén en Inglaterra.
Gustáballe  facer descripcións da xente e dos lugares por onde se desenvolvían, fosen estos reais ou imaxinarios.
As súas novelas e relatos curtos gozaron de gran popularidade na vida do autor e, ainda hoxe, edítanse continuamente.
Incluso os seus críticos defenderon o seu dominio da lingua inglesa como inigualable e as súas personaxes como inolvidables.
¿ Sabíades que disfrutaba lendo novelas de aventuras como Don Quixote?


¿Qué vos suxire o seu rostro? Seguiremos falando del .Apetécevos?

Bibliotecas

Gustaríanos recordarvos que nas bibliotecas atópanse inestimables tesouros.


Calquera de nos pode mergullarse e descubrir todo un mundo. Incluso, podemos pedir en casa que nos leven a visistar as preciosas e antigas bibliotecas santiaguesas. Mais abaixo, incluímosvos dous exemplos dignos dun paseo:

Referímonos a Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia e a Biblioteca de Fonseca, no Pazo do mesmo nome. ¡ Bo paseo literario!

E levamos


E, con nos, van os nosos libros. Pero recordade que tamén podedes utilizar os da biblioteca.




Mesmo podemos facelo coas novas tecnoloxías
Haberá algúns lectores ou lectoras que disfruten a un tempo de ámbalas:


Non importa, todos e todas sodes benvidos: ¡Agardamosvos!

O comenzo


Por si vos despistades nun colexio hai nenos, nenas, papás, profes ... e, claro que sí:


13/9/12

NOVO CURSO

¡Saúdos" O mércores 12 de setembro volvemos das nosas vacacións. Atopámonos cos nosos compañeiros e compañeiras, e mesmo cun grupo numeroso de nenas e nenos novos. Desde a Biblioteca queremos que saibades que estamos moi contentas porque agardamos as vosas visitas ao longo de todo este curso ¡Benvidos e benvidas!.

18/6/12

Maratón de Lectura

O mércores, 20 de xuño, o alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria realizará un maratón de lectura na biblioteca do centro.
Participarán pais, nais, alumnado e profesorado.
Terá lugar entre as 10:00 e 14:00 horas.
Serán lecturas, preferentemente en galego, de narrativa, teatro e/ou poesía, que elexirán os propios lectores xunto co profesorado.
Os que queirades participar cumprimentade este formulario e entregádello ás titoras.
ANIMÁDEVOS!! PARTICIPADE!!

21/5/12

I CERTAME DE RELATO CURTO: 6º B INFANTIL


I CERTAME RELATO CURTO: 6º B

I CERTAME RELATO CURTO: 6º A

I CERTAME RELATO CURTO: 5º C

I CERTAME RELATO CURTO: 4º PRIMARIA


Open publication - Free publishing - More contos

I CERTAME RELATO CURTO: 3º D

I CERTAME DE RELATO CURTO: 2º C

I CERTAME DE RELATO CURTO: 1º PRIMARIA

I CERTAME DE RELATO CURTO: INFANTIL 6º C

I CERTAME DE RELATO CURTO: INFANTIL 5º A

Un Poema para ti, Valentín Paz Andrade

Despois de traballar durante esta quincena de maio a figura de Valentín Paz Andrade, espertou en nós unha grande simpatía e cariño, por iso, na vespera do Día das Letras Galegas, querémoslle agradecer todo o que fixo en defensa do noso idioma e da NOSA TERRA.
A TI, VALENTÍN PAZ ANDRADE


A VALENTÍN PAZ ANDRADE
  
Valentín Paz Andrade,
 despertas a nosa amizade.
Licenciado en Dereito,
 foi abogado de proveito.
Tivo un gran amor por Galicia,
defendeuno como periodista.
Amaba moito a nosa Terra,
móstrao na súa faceta de poeta.
Amigo do gran Castelao,
sufriu, coma el, desterro.
Verín, Requeixo, Castro Caldelas, Trives….
En calquer sitio vives e escribes.
O Pranto Matricial,
a Castelao quere adicar.
Galicia, terra de mar,
haino que aproveitar.
Crea Pescanova,
 empresa innovadora.
Agora que  xa non estás
gañas a nosa amizade.
GRAZAS, PAZ ANDRADE.

ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º C
CEIP DE SIGÜEIRO

14/5/12

Contos en botella, Primaria

O alumnado de E. Primaria buscou con moito afán todas as botellas que estaban escondidas na biblioteca. A continuación leron as mensaxes que había dentro delas. Adiviñarían a que libros pertenecían?


CANDO TI VOLVAS de Valentín Paz Andrade

Un poema musicado de Valentín Paz Andrade, "Cando ti volvas" incluído no seu primeiro libro "Pranto Matricial" adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao (1954).

POEMA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA, 
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro, 
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...

Galiza, 1954

3/5/12

Valentín Paz Andrade. Letras 2012

Entramos no mes de maio, mes que conmemoramos o Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade. O Seminario Galán presenta os materiais e actividades para traballar e aprender moitas cousas sobre Paz Andrade.
Aquí tedes o informativo realizado polos alumnos e alumnas do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida e obra de Paz Andrade.

26/4/12

RELATO A RELATO, LEO UN RATO.

Pouco a pouco imos enchendo de relatos o noso libriño. O relato de hoxe comeza así: "Érase unha vez un neno chamado Sergio. Ía a clases de música coa súa amiga Virginia" 
Os vosos relatos enchen de luz as tardes grises e chuviosas!!! Agárdovos na biblioteca. Nica


25/4/12

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Ola nenos e nenas!
Quero darvos a miña noraboa por participar con tanto empeño no encargo que vos enconmedei. Onte atopastedes todas as botellas... bueno para dicir a verdade todas, todas non! A de puntos morados estaba moi agochadiña, aquí na biblioteca.
A de puntos negros estaba no caixón dos xoguetes.

A de triángulos estaba detrás da porta  da conserxería.

Escribindo o título do conto. Acertachedes?
Hoxe deixei na entrada os contos xunto coas botellas, espero que vos gustaran todos, tanto os coñecidos como os que nunca lerades.


A profe Mari lendo "En busca del beso"

A profe Patricia lendo "Maxia" aos de 4 e 5 anos









A profe Patricia na biblioteca lendo "A miña primeira viaxe"











Encantoume recibir tantas visitas aquí na biblioteca. Pero o que máis me gustou foi ver como escoitastedes tan caladiños e caladiñas e con tanta atención os contos que vos contaron. Volvede pronto!!! 
Moitos bicos da troita máis feliz de Sigüeiro!!!
Nica


24/4/12

4 RELATOS MÁIS DOS NENOS E NENAS DE 2º C!!!

Música draconiana, O cisne pianista, A orquestra máis famosa do mundo, A música máis fermosa do mundo son os títulos dos catro relatos que nos envían da aula de 2º C.
Encántame recibir estes agasallos!!! Con tantos contos non teño tempo para aburrirme!!! NICA

23/4/12

O PRIMEIRO RELATO! TEOLÉ!!!

Non podemos comezar a semana de mellor modo, lendo o relato que escribiron dúas nenas de 2ºC. Sara e Lucía de 7 anos preséntannos a:

TEOLÉ, O MÚSICO QUE ENTUSIASMA A OS NENOS.

Había una vez un neno ao que lle gustaba moito a música.El tiña moitas ganas de cumplir anos para comenzar no conservatorio. Chamábase Teolé. Era loiro.

Cando cumpriu oito anos entrou no conservatorio e comezou a tocar o saxofón. Todo o mundo o adoraba.Cando foi maior convertiuse nun compositor moi famoso,ata lle fixeron un museo na provincia de A Coruña. Tres meses despois marchou a vivir a Australia.

Un día un neno do colexio de C.E.I.P. de Sigüeiro díxolle a súa nai:

-¡Mamá,imos ir de excursión ao museo de Teolé!,mamá,¿Cómo se fixo o museo e quen é Teolé?-preguntou o neno.

-Pois mira meu fillo,Teolé é un home que toca o saxofón e tamén é un compositor moi famoso. Agora que xa che expliquei quen era Teolé vouche explicar o do museo. El compuxo moitas cancións e por iso fixéronlle o museo.Alí están as cancións pegadas nas paredes,tamén haberá unha banda que toque as cancións.

Ao día seguinte,o neno chegou ao colexio e marchou no autobús moi contento para o museo. Cando chegou alí quedou pampo. Pensou que ese museo era o máis bonito que vira na súa vida.

De regreso a súa casa díxolle a súa nai que ían facer un grupo de música chamado: AS COMPOSICIÓNS DE TEOLÉ.

De inmediato empezaron a planificar concertos. O día do concertó viron entrar aun home loiro.O neno sabía perfectamente que era Teolé.

Coñecéronse, fixéronse moi amigos e foron de xira polo mundo.


NORABOA SARA E LUCÍA!!! NON HAI TROITA MÁIS FELIZ!!!

DÍA DO LIBRO: CONTOS EN BOTELLA

OLA, SON NICA, A MASCOTA DA BIBLIOTECA. HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL, ESTOU MOI, MOI CONTENTA PORQUE CELÉBRASE UN DÍA MOI IMPORTANTE PARA MIN:
O DÍA DO LIBRO!!!
A MIN ENCÁNTAME ESTAR ENTRE LIBROS, CONTOS... POR ESE MOTIVO PROPÓÑOVOS UN XOGO:
ESCONDÍN POR DIFERENTES LUGARES DO COLEXIO 9 BOTELLAS BRANCAS DECORADAS CON GOMETS DE DIFERENTES CORES. PROPÓÑOVOS ATOPAR AS BOTELLAS, ABRILAS E LER A MENSAXE QUE HAI DENTRO DE CADA BOTELLA. TEREDES QUE ADIVIÑAR O TÍTULO DO CONTO. MAÑÁ COLOCAREIVOS OS CONTOS NA ENTRADA E COMPROBAREDES SE ACERTACHEDES.
MOITOS BICOS E BOA SORTE.

21/4/12

O señor das dunas

O sábado 21 de abril terá lugar un espectáculo de narración oral e animación con area no centro Cultural Fernando Casas Novoa. Tódolos asistentes recibiran un agasallo.

16/4/12

I Certame de relato curto CEIP Sigüeiro


CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO E DA SEMANA DAS LETRAS A BIBLIOTECA DO CEIP SIGÜEIRO CONVOCA O I CERTAME DE RELATO CURTO.

AS BASES PARA PARTICIPAR SON:

  1. PODERAN PARTICIPAR TÓDOLOS ALUMNOS/AS DO COLEXIO DE MANEIRA INDIVIDUAL OU EN UN GRUPO (CURSO, NIVEL).
  2. O TEMA ESTARÁ RELACIONADO DALGÚN MODO COA MÚSICA.
  3. A EXTENSIÓN NON PODERÁ SER MAIOR DE 1 A 3 PÁXINAS.
  4. OS RELATOS ENVIARANSE AO SEGUINTE CORREO ELECTRÓNICO: ceipsigueirobiblio@gmail.com INDICANDO OS DATOS DO/S AUTOR/ES: NOME, CURSO, GRUPO, IDADE.
  5. TIPO DE LETRA: NEW TIMES ROMAN, TAMAÑO 12 E DOBRE ESPAZO.
  6. DATA LÍMITE DE ENVIO: 11 DE MAIO DE 2012
  7. MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG http://bibliosigueiro.blogspot.com.es/


ÁNIMATE E PARTICIPA!

TODOS OS RELATOS SERÁN PUBLICADOS NO BLOG DA BIBLIOTECA!!!

9/3/12

Encontro coa escritora Ana Alonso


O pasado 9 de marzo estivo na nosa biblioteca a escritora Ana Alonso co alumnado de 1º ciclo, 2º curso de primaria para comentar aspectos dos libros da colección Pizca de sal da editorial Anaya. A autora de Juana sin miedo, La casita de la verdurita, Un cocodrilo misterioso... presentou os títeres relacionados cos diferentes libros e respondeu a todas as preguntas dos nenos e nenas. A actividade rematou asinando os libros por parte da escritora. Foi un encontro moi agradable e interesante, o alumnado prestou moita atención e demostrou moita admiración por Ana!


Se queredes saber máis sobre a escritora e a colección Pizca de sal na páxina http://www.anayapizcadesal.com/ atoparedes moitas actividades e propostas interesantes!!!