18/11/13

Mais Persoas Importantes

Arturo Estévez Varela


Este extremeño que naceu en 1914 na localidade de Valle de la Serena, viviu a meirande parte da súa vida en Sevilla.



Home moi interesado na Ciencia, ideou un sistema baseado nunha reacción química que se orixinaba a partires dun compoñente secreto “O Boro”, que era o que xeneraba o hidróxeno que facía traballar o seu incrible invento “O Motor de Auga”




Jerónimo de Ayanz


Naceu en Guendulain (Navarra) en 1553, morrendo en 1613.



Tivo unha vida rica en experiencias. As súas fazañas como militar foron ben recoñecidas pero sobre todo adicou a súa vida á invención, convertendose nun brillante industrial en sectores como a minería, a náutica e a agricultura. De feito se lle recoñecen 48 inventos. Entre eles podemos destacar un traxe de buceo ou un submarino, como vedes nestas imaxes.






Mónico Sánchez


Este manchego naceu en Ciudad Real en 1880, morrendo en 1961
Foi home de orixe humilde que emigrou a Nova York, logrando a excelencia no campo da electricidade.
Contemporáneo de Edison e Tesla, mesmo coinciu con eles nalgunha feira de electricidade.


Gañou unha fortuna que invertiu nun centro de alta tecnoloxía no seu pobo natal “Piedrabuena”. Lugar que utilizou para alimentar eléctricamente o seu laboratorio de investigación. Deste laboratorio sairu –entre outros- “O primeiro dispositivo portátil de Rayos X”