29/11/11

Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito BET

Aquí vai un vídeo que mostra como van evolucionando as bibliotecas escolares galegas. Presentouse no congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito que se celebrou en Santiago os días 10, 11 e 12 deste mes. Ao final o traballo vese, e, o máis importante, mellora a educación dos nosos alumnos e alumnas.






Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

7/11/11

Preparando o MAGOSTO



Giuseppe Arcimboldo foi un pintor italiano (1527-1593) coñecido sobre todo polas representacións do rostro humano a partir de flores, froitos, plantas, animais e obxectos. Que estación do ano cres que está representado no cadro?
É doado se temos en conta os acios de uvas, cabazas, cogumelos, figos, .... Representou o OUTONO.
Se queres saber máis deste autor faime unha visita na biblio que che contarei máis cousas del.


E para que non te aburras aí van dúcias e dúcias de contos sobre o outono e as castañas, os castiñeiros...
Espero que vos gusten!!!
Nica

6/11/11

Medo? Quen dixo medo?

A última semana do mes de outubro foi terrible para min, nunca pasara tanto medo. Sentía calofríos ó andar polos corredores do colexio tal como estaban cheos de caveiras, pantasmas, bruxas arrepiantes, árbores tenebrosas. Chegara o SAMAÍN!!!

Sabedes de onde vén o Samaín?

Os celtas eran, como outros pobos norteños, cazadores de cabezas. Levaban as cabezas dos seus inimigos a xeito de trofeos de guerra e pendurábanas fachendosos nas murallas das súas fortalezas e nas súas casas. Crían que a cabeza era a morada do espírito, o verdadeiro ser dunha persoa.

Pendurando e venerando a cabeza dos seus inimigos pensaban que gañaban a protección dos poderes máxicos que posuían. Á parte de crer que as cabezas servían para mantérense arredados do mal, os celtas pensaban que podían seguir vivindo despois da morte do seu propietario, independientemente do seu corpo. Cando se deixaron de usar auténticas cabezas humanas nos oficios relixiosos, pasouse a construír réplicas en pedra, madeira, metal e óso. Na Idade de Ferro, colocábase unha vela dentro das cabezas todo ó redor das fortalezas nesta estación que era a máis sinistra do ano céltico.


Xa sei que lestes moito sobre o medo nos libros que levastes nas mochilas viaxeiras e nos que estaban colocados nos expositores. Moi ben

E para finalizar quérovos presentar ao meu amigo Fiz, o gran coleccionista de medos.


Hooooooo...Nica







Ademais das cabazas, o alumnado de terceiro ciclo escribiu unhas cartas a personaxes de medo. Aquí recollemos algunhas.





3/11/11

Premios literarios



Empezamos este curso con dúas novas moi importantes para o libro galego. Dous dos autores máis queridos e un ilustrador destacan moi alto a nivel internacional:
  • Agustín Fernández Paz recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil 2011 polos seus moitos e valiosos libros, escritos todos eles en galego e traducidos a maior parte a outras linguas.


  • Fina Casalderrey como escritora e Miguel Anxo Prado como ilustrador foron nomeados con outros candidatos ao premio Memorial Astrid Lindgren 2012 que otorga o goberno sueco en homenaxe da autora de "Pipi Calzalargas" Astrid Lindgren.
Noraboa aos tres!!!
E para todos vós: "Un bo escritor sempre é primeiro un gran lector"
Ánimo!!!

20/10/11

Inaguración do curso 2011-12

Benvidos ao novo curso 2011-12!
Espero vervos moito pola biblioteca. Estamos abertos de 9:45 a 14:45. Tamén nos recreos e polas tardes de 16:00 a 18:00 agás os martes.
Acode cos teus amigos e amigas e a túa familia. Sempre haberá un libro para ti. Atópao. Disfrutarás mil aventuras!!!


Nica

13/4/11

Rodrigo Chao

O xoves, 8 de abril, celebrando o mes dos libros, o ilustrador galego Rodrigo Chao estivo co alumnado de segundo ciclo con motivo da lectura do libro ilustrado por el.


7/4/11

Abril, mes dos libros

O dous de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil en recordo do nacemento do gran escritor de literatura infantil, Hans Christian Andersen. Na biblioteca están expostas para todos e todas vós as súas obras. Esperámosvos!

14/3/11

A mar de entroido

O mar inundou as rúas de Sigüeiro o venres de entroido: o fondo mariño, percebes, estrelas de mar, gaivotas, pesca e pescos enchérono todo por unhas horas.

22/2/11

Visita do autor Ricardo Alcátara

Este xoves 24 de febreiro, visítanos o escritor Ricardo Alcántara, aproveitando que o alumnado de 2º nivel de primaria traballou tres dos seus libros:

- "Tomás y el lápiz mágico"
- "¿Quién ayuda en casa?"
- "¿Quién menea el esqueleto?"

Ao remate da actividade, contarémosvos como nos foi e ensinarémosvos algunhas fotos.


6/2/11

La mar de amor

Xa estamos en febreiro e Nica quere obsequiarvos con poesía. Así que estes días fixo unha selección de poemas que se atopan na exposición "La mar de amor". Agora quere completala, e pídevos que todos e todas vos situedes no medio do OCÉANO e fagades de pequenos "cupidos" do mar. Animádevos. Traédelle os vosos poemas. Espera por eles! E de paso levade o voso poema, o que máis vos guste, e acompañádeo do correspondente bombón para que o disfrutedes máis.



Selección de poemas de Nica.

21/1/11

Exposición de libros da paz

Xa está á vosa disposición a exposición de libros para o Día da Paz. Tamén se van expoñendo os traballos que nos vaiades entregando. Ánimo! Non deixedes de traer todo o que teñades a ben aportarnos. Paz e boas lecturas para todos e todas!.




Esta presentación fíxoa o alumnado de terceiro ciclo. Cada parella escolleu un premio nobel da paz e elaborou un pequeno traballo sobre el. Ao final este é o resultado.