24/2/10

Anxo Fariña no noso colexio

Hoxe estivo co alumnado de terceiro ciclo de educación primaria Anxo Fariña. Foi un encontro entrañable e moi didáctico. Os nenos e nenas estiveron lendo e traballando en grupo un libro dos Megatoxos. Gustoulles moito e seguen coa saga, agora en forma de Libro-forum, é dicir, lemos individualmente en horario extraescolar unha parte acordada entre todos e despois comentámola na clase. Está resultando moi ben. E a visita moito mellor. Anxo foi debullando paso a paso, e de maneira lúdica, o proceso para facer historias debuxadas e escritas ou escrtas e debuxadas. Foi unha lección estupenda para todos e todas. Agora seguiremos en contacto a través do seu blog.