Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas

26/6/15

E.N.D.L

Ola lectores e lectoras!
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
do noso cole
creou un vídeo con imaxes do curso
e pídenos que o compartamos con todos e todas vós por aquí

Así que aí vai...






20/5/15

III XORNADA MATEMOCIÓNS: ENTREGA PREMIOS (4/4)

Os xogadores e o adestrador do Santiago Futsal,
no día da súa visita ao centro
e como peche destas III Xornadas,
fixeron entrega dos Diplomas de recoñecemento
ao alumnado finalista e campión dos diferentes xogos feitos:

NORABOA A TODOS E TODAS!

14/5/15

III XORNADA MATEMOCIÓNS: VISITA SANTIAGO FUTSAL (3/4)

Onte, para pechar as
III XORNADAS MATEMOCIÓNS: MATEXOGOS
tivemos un broche moi especial:
A VISITA DO SANTIAGO FUTSAL

13/5/15

III XORNADA MATEMOCIÓNS: PRIMARIA (2/4)

Continuamos contando como estamos a festexar estas
III XORNADAS MATEMOCIÓNS
adicadas desta volta a...
MATEXOGOS

III XORNADA MATEMOCIÓNS: INFANTIL (1/4)

Ola lectores e lectoras!
Nesta semana do 12 de maio estamos a festexar as
III XORNADAS MATEMOCIÓNS
Despois de MATEMAXIA e MATEMÚSICA,
toca...
MATEXOGOS!!

12/5/15

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS. 12 DE MAIO

Hoxe recibimos a visita do Programa A Revista, da TVG
co obxecto de contar como festexamos o Día Escolar das Matemáticas,
dentro da nosa III XORNADA MATEMOCIÓNS

Premede para ver a introdución e a reportaxe
(e xa amosaremos con máis detalle como estamos a vivir estas xornadas
que rematan mañá, coa visita do Santiago Futsal)

30/4/15

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES (DÍA DO LIBRO)

Ao longo da Semana do Libro,
realizamos diferentes encontros, 
de xeito que tódolos grupos do cole se encontraron con outros:
uns exerceron de padriños e madriñas lectoras
e outros de afillados e afilladas

27/4/15

A NOSA ELECCIÓN (DÍA DO LIBRO)

Para conmemorar o Día do Libro,
ademáis da actividade de "padriños lectores e madriñas lectoras",
montamos unha exposición cos nosos libros favoritos

23/4/15

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO


Lectores e lectoras,
xa vos amosarei como estamos a festexar na escola esta semana taaaaaan especial


E, en concreto, o día de hoxe


Namentres, non deixedes de ler!!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!


15/4/15

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS (2º TRIMESTRE)

Seguimos co noso proxecto anual en torno ás EMOCIÓNS
Durante o 1º trimestre, traballamos as emocións a través da arte
Lembrades?
Pois no 2º trimestre fixémolo a través da palabra

9/4/15

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este curso está cargado de novidades.
Unha actividade que puxemos en marcha foi a de
MOCHILAS VIAXEIRAS
Unha iniciativa de bibliotecas escolares de Galicia
que permite á biblioteca do centro o contacto coas familias

23/3/15

VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS

Este curso comezamos un sistema de alumnado colaborador

Do proceso de selección
(con folla de inscrición e contrato asinado con condicións e tarefas),
no que se participa voluntariamente,
saíron diferentes voluntarios e voluntarias
que se organizan en grupos e quendas varias para cada trimestre

19/3/15

CLUBE HIPOTENUSA. SESIÓN 3

Hoxe os nenos e nenas de Infantil,
tiveron a terceira sesión do Clube da hipotenusa.
Despois de buscala e localizada na contorna,
e despois de comela,
a última misión para este trimestre
foi a de montar eles mesmos unha hipotenusa...


Podedes identificala?
De seguro que sí!

16/3/15

CLUBE HIPOTENUSA. SESIÓN 2

O recanto de matemocións de Infantil
comeza a ter adicacións ao Clube da Hipotenusa
Moitas grazas polas achegas familias!



















13/3/15

O CLUBE DE LECTURA CONTINÚA...

Ola lectores e lectoras!
Como vai o curso?
No noso centro, os nenos e nenas maiores seguen a gozar do Clube de lectura

10/3/15

NICA CAMBIA A IMAXE

Fai unhas semanas, tódolos grupos do cole foron citados na biblioteca do centro.
Cada grupo recibiu unha carta


6/3/15

ELA É... MULLER

Esta semana, no centro, estivemos a montar un recanto adicado ás mulleres,
ÁS NOSAS MULLERES

28/2/15

CLUBE HIPOTENUSA (INAUGURACIÓN)

Ola lectores e lectoras!
Como xa sabedes,
o tema deste curso para tódalas bibliotecas escolares de Galicia,
en xeral, son as MATEMÁTICAS

Así que no centro, cos nenos e nenas de Infantil,
vamos a pór en marcha un clube
O CLUBE DA HIPOTENUSA
Onde se reúne este clube?
Pois no Recanto MATEMOCIÓNS

24/2/15

POR FIN... ENTREGA DAS CARTAS EMOCIONANTES!!

Ao longo da mañá de onte non se escoitou outra cousa:
"cando chegan as cartas?"
É que os nosos lectores e as nosas lectoras estaban impacientes

16/2/15

POLO ENTROIDO... CIRCO EMOCIONANTE

Ola amigos e amigas!
Como xa sabedes, o tema do centro para o presente curso son AS EMOCIÓNS
Así que, polo Entroido...
CIRCO EMOCIONANTE!!


Un circo cheo de feras, domadoras, animadores e animadoras, paiasos, "mimos"...
Convidámosvos a visitar a web do centro para ver as fotos deste fermoso circo!