O alumnado de 4º, entre as moitas actividades que desenvolveu dentro do Proxecto "O Camiño de Santiago", fixo unha versión rap do Romance de Don Gaiferos que lle presentou ao resto do alumnado con motivo do Día do Libro e do Día das Letras. É unha versión moi moderna na que eles viven e fanlle vivir aos demais a curiosa historia deste personaxe tan singular, que peregrinou a Compostela naqueles primeiros séculos do Camiño, e que contribuiu a agrandar a gloria do mesmo.
13/5/10
Alfredo Gómez Cerdá

Alfredo Gómez Cerdá é un autor moi querido polos nosos lectores e lectoras e xa é a segunda vez que está no noso centro. A primeira, no 2004, por un libro que xa é un clásico entre nós "Un amigo en la selva", e agora, por outro máis recente, que estamos seguros, vai pola mesma senda "Barro de Medellín" Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2009. A lectura dos libros de Alfredo nunca nos deixa indiferentes.
Susana Lamela
Na Quincena do Libro e das Letras Susana Lamela estivo co alumnado de 2º de Educación Primaria para compartir con eles a experiencia sobre a lectura do seu libro "Os soños de Andel". O alumnado, despois de ler o libro, realizara varios traballos que a escritora xa colgara no seu blog; logo puideron coñecela persoalmente. Fíxolles moita ilusión.
Quincena do Libro e das Letras
Con motivo do Día do Libro e da Semana das Letras desenvólvense no centro un conxunto de actividades ao longo dos últimos días de abril e os primeiros de maio, moitas das cales son o colofón de tarefas que se veñen realizando ao longo do curso como as relacionadas co proxecto documental integrado "O Xacobeo", outras son lecturas que se realizaron nos útimos meses e agora cérranse coa visita da autora ou do autor e, tamén hai outras que se programan específicamente para estas datas como o maratón de lecturas coas familias.
As actividades que se realizan dentro do proxecto recóllense no blog do Camiño que se abriu para facilitar a publicación en rede dos traballos que se foron realizando dentro do proxecto; as outras publicaranse neste mesmo blog.
As actividades que se realizan dentro do proxecto recóllense no blog do Camiño que se abriu para facilitar a publicación en rede dos traballos que se foron realizando dentro do proxecto; as outras publicaranse neste mesmo blog.
30/3/10
Encontro con Ricardo Gómez
Ricardo Gómez é un escritor de Literatura Infantil e Xuvenil moi querido no noso colexio. É a segunda vez que nos visita, esta vez para estar co alumnado de segundo ciclo de EP que neste segundo trimestre leu e traballou o seu libro "Los zorros del norte". Aos rapaces e rapazas encantoulles a historia, e, sobre todo, a calidade humana da obra, que nos libros de Ricardo xa é unha constante, aínda que non por eso deixa de sorprendernos. Logo, o encontro co autor corroborou esto e moito máis, e foi un momento magnífico para todos os lectores e lectoras.
24/2/10
Anxo Fariña no noso colexio
Hoxe estivo co alumnado de terceiro ciclo de educación primaria Anxo Fariña. Foi un encontro entrañable e moi didáctico. Os nenos e nenas estiveron lendo e traballando en grupo un libro dos Megatoxos. Gustoulles moito e seguen coa saga, agora en forma de Libro-forum, é dicir, lemos individualmente en horario extraescolar unha parte acordada entre todos e despois comentámola na clase. Está resultando moi ben. E a visita moito mellor. Anxo foi debullando paso a paso, e de maneira lúdica, o proceso para facer historias debuxadas e escritas ou escrtas e debuxadas. Foi unha lección estupenda para todos e todas. Agora seguiremos en contacto a través do seu blog.
26/1/10
Obradoiro de escritura creativa
Esta semana 25 alumnos e alumnas de 3º ciclo de EP asistirosn a un taller de escritura creativa na biblioteca do centro impartido por Alberto da editorial Kalandraka.
Partiron da lectura deste libro:

Despois, seguindo as pautas de Alberto e a partir dos personaxes da baralla, crearon as súas propias historias.
Partiron da lectura deste libro:

Despois, seguindo as pautas de Alberto e a partir dos personaxes da baralla, crearon as súas propias historias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

