Podedes disfrutar destas preciosas imaxes mestres escoitades o "Xardín verde" (Green Garden) na fermosa voz de Laura Mvula
28/1/14
DIA da PAZ
O noso alumnado do terceiro ciclo traballou moito estas semanas. Distintas ideas foron plasmadas e todas quedaron estupendamente. A continuación podesdes disfrutar dalgunhas imaxes dun dos traballos dos alumnos e alumnas coa paz como eixo.
16/1/14
"Mama Cabra"
A VOLTA DAS VACACIÓNS FOI ESTUPENDA.
A primeira actividade que tivemos foi un magnífico concerto do grupo "Mamá Cabra" . Gustounos moito. Si queredes disfrutar coa súa música nada mais que tedes que mirar as nosas fotos e escoitar o seu novo disco "Bicos de Música".
A primeira actividade que tivemos foi un magnífico concerto do grupo "Mamá Cabra" . Gustounos moito. Si queredes disfrutar coa súa música nada mais que tedes que mirar as nosas fotos e escoitar o seu novo disco "Bicos de Música".
21/12/13
ANXO MOURE, o "Apalpador"
O "Apalpador" veu visitarnos e contounos unha preciosa historia sobre as árbores. Os pequenos e pequenas estuveron moi atentos. Fixádevos nas imaxes e o entenderedes.
CONTACONTOS do ANPA
Esta é outra das actividades que tivemos polo Nadal. Os pais e nais do Anpa fixeron unha representación con contacontos, que disfrutamos na Sala multiusos.
Foi moi agradable. Non fai falta mais que observar o atentos que estabamos todos.
Chega MELGASAR
Como tódolos anos, veu visitarnos "Melgasar", o noso particular Papa Noel. Chegou en coche e coa expectación de todos como podedes ver nas imaxes
Os mais pequenos poideron falar con él e entregarlle a súa carta.
Algúns mesmo precisan da axuda e apoio das nosas profes.
Como eramos moitos, houbo que agardar polo noso turno pero non foi dificil
E tamén se animaron a expresar os seus desexos algunha das nosas profes.
Foi un día especial.
Cos nosos compañeiros e compañeiras disfrutamos do día e fixemos fotos para gardar un recordo deste momento tan especial acompañados pola/s nosa profe.
18/11/13
Mais Persoas Importantes
Arturo Estévez Varela
Este
extremeño que naceu en 1914 na localidade de Valle de la Serena,
viviu a meirande parte da súa vida en Sevilla.
Home
moi interesado na Ciencia, ideou un sistema baseado nunha reacción
química que se orixinaba a partires dun compoñente secreto “O
Boro”, que era o que xeneraba o hidróxeno que facía traballar o
seu incrible invento “O Motor de Auga”
Jerónimo
de Ayanz
Naceu
en Guendulain (Navarra) en 1553, morrendo en 1613.
Tivo
unha vida rica en experiencias. As súas fazañas como militar foron
ben recoñecidas pero sobre todo adicou a súa vida á invención,
convertendose nun brillante industrial en sectores como a minería, a
náutica e a agricultura. De feito se lle recoñecen 48 inventos.
Entre eles podemos destacar un traxe de buceo ou un submarino, como
vedes nestas imaxes.
Mónico
Sánchez
Este
manchego naceu en Ciudad Real en 1880, morrendo en 1961
Foi
home de orixe humilde que emigrou a Nova York, logrando a excelencia
no campo da electricidade.
Contemporáneo
de Edison e Tesla, mesmo coinciu con eles nalgunha feira de
electricidade.
Gañou
unha fortuna que invertiu nun centro de alta tecnoloxía no seu pobo
natal “Piedrabuena”. Lugar que utilizou para alimentar
eléctricamente o seu laboratorio de investigación. Deste
laboratorio sairu –entre outros- “O primeiro dispositivo portátil
de Rayos X”
21/10/13
Algunhas Persoas Moi Interesantes
Algunhas Persoas moi Interesantes
Para sentir a ciencia non fai falta ir moi lonxe. Mesmo na nosa comunidade, e desde hai moito tempo as persoas que tiveron curiosidade e creatividade e nos deixaron un legado imposible de esquecer.
Estos son algúns deles:
Alejandro Campos Rodríguez, ou o que é o mesmo Alejandro Finisterre como él decidiu chamarse. Durante a Guerra
Civil, foi ferido e hospitalizado. Incapaz de moverse pensou un xogo
que lle permitise divertirse nese estado. Entón xuntou as súas 2
pasións: o futbol e o tenis de mesa.
Este galego de Fisterra foi o ideólogo dun entretenemento universal: o futbolín. Aquí tedes unha imaxe do que xa existía.
E aquí unha imaxe do Futbolín que ideou Alejandro Finisterre.
Se queredes saber algo mais da súa vida, o documental “Tras el futbolín” dirixido por Bep Moll, é testemuña dela.
Outra destas persoas moi interesantes é: Angela Ruiz Robles (1895-1975).
Esta galega de
Ferrol patentou en 1949 un libro mecánico precursor do electrónico.
A súa mente privilexiada e unha fonda vocación pedagóxica ideou o
primeiro precedente do e-book con 3 obxectivos:
- Alixeirar o peso das carteiras dos nenos.
- Facer mais atractiva a aprendizaxe.
- Adecuar a ensinanza ao ritmo de cada alumno ou alumna.
“O prototipo
ideado pola mestra contiña bobinas distintas para cada materia e
mesmo incorporaba luz e son”.
Outro inesquecible polo futuro que tivo a máquina que el imaxinou, foi Ramón Verea (1833-1899).
Este galego nacido
na aldea pontevedresa de Currantes foi un gran creador,
característica que coidou e estimulou o contacto coa Biblioteca do
seu pobo. Viaxou, fundou un
xornal, e sobre todo patentou una voluminosa calculadora amarela
(fabricada en ferro e aceiro) que foi a primeira do mundo en ser
capaz de realizar catro operación aritméticas (suma, resta,
división e multiplicación) manexando cifras de ata 9 díxitos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















