20/6/14
19/5/14
A RESIDENCIA DA CIENCIA
A obra de teatro "A Residencia da Ciencia" estivo representada polo noso alumnado de 5º. Aquí tedes as súas fotos.
Este é o noso Granham Bell, Oscar.
A REPRESENTACIÓN
A representación da nosa obra de Teatro foi todo un reto.
De seguido tedes algunhas imaxes que vos contan algo de como se desenvolveu este especial acontecemento literario.
O NOSO TEATRO
Os alumnos e alumnas de 5º estiveron a traballar a reo para preparar unha obra de teatro que disfrutamos co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. De seguido podedes ver o moito que ensaiaron.
29/4/14
Visita de Novo Autor
O autor de "O Castañeiro de Abril" Antonio Manuel Fraga visitounos
e contounos cousas moi interesantes.As suas historias fixeron que estiveramos moi atentos a todo o que dicía
E claro, falounos do Castañeiro de Abril, o seu precioso libro, que narrado por Buto o zapateiro, nos fala da historia dun neno cego -Baltasar- que non pode ir a escola. Baltasar ten dous amigos: un can e "O Castañeiro de Abril". Ë un personaxe a quen só Baltasar ve, grazas a forza da imaxinación e da fantasía. Vaille contando o que vai pasar antes de que ocorra.
É un conto que nos fala da superación, da importancia que ten a ilusión e as ganas de facer cousas que nos permite que calquer atranco da vida poida ser salvado a pesares das dificultades.
Como podedes ver nas imaxes o autor ademais de deleitarnos coa súa conversa, mesmo nos asinou o libro, e nos amosou a caixa de obxectos que Baltasar gardaba con moito agarimo; sobre todo a cartiña que seu pai lle escriba alén os mares.
11/3/14
Entroido 2014
Entroido 2014
Este curso celebramos o Entroido conSigüeiro, saíndo polas rúas e disfrutando con todos.
Estes son algúns exemplos magníficos do que deu de si o tema elixido para este curso "Investigadores e Ciencia".
Desde Arquímedes ata o profesor bacterio, todos tivemos a nosa creación".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















