28/9/14

DE VOLTA!!!

OLA LECTORES E LECTORAS!!



Que tal a volta á escola?

20/6/14

COLABORADORES DA NOSA BIBLIOTECA

Como todos os cursos os rapaces do 3º nivel colaboran no bo funcionamento da Biblioteca. O presente curso foron os nenos e nenas de 5º D.

 Desde aquí dámoslles as grazas polo seu bo facer e o bo ánimo que tiveron mentres realizaban tan necesaria e importante tarefa. 

Para os que non os coñezades aquí van unhas fotos dos nosos amantes dos libros, sempre cun sorriso.


Andrea, ao frente do ordenador realizando os préstamos e devolucións.

19/5/14

A RESIDENCIA DA CIENCIA

A obra de teatro "A Residencia da Ciencia" estivo representada polo noso alumnado de 5º. Aquí tedes as súas fotos.


Este é o noso Granham Bell, Oscar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A RESIDENCIA DA CIENCIA

Todo a alumnado do colexio disfrutaron da obra que representaron os alumnos e alumnas do terceiro ciclo. Mesmo os mais pequenos.

A REPRESENTACIÓN

A representación da nosa obra de Teatro foi todo un reto.

 De seguido tedes algunhas imaxes que vos contan algo de como se desenvolveu este especial acontecemento literario.

O NOSO TEATRO

Os alumnos e alumnas  de 5º estiveron a traballar a reo para preparar unha obra de teatro que disfrutamos co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. De seguido podedes ver o moito que ensaiaron.



29/4/14

Visita de Novo Autor

O autor de "O Castañeiro de Abril" Antonio Manuel Fraga visitounos

 e contounos cousas moi interesantes.
 As suas historias fixeron que estiveramos moi atentos a todo o que dicía
 E claro, falounos do Castañeiro de Abril, o seu precioso libro, que narrado por Buto o zapateiro, nos fala da historia dun neno cego -Baltasar- que non pode ir a escola. Baltasar ten dous amigos: un can e "O Castañeiro de Abril". Ë un personaxe a quen só Baltasar ve, grazas a forza da imaxinación e da fantasía. Vaille contando o que vai pasar antes de que ocorra.
É un conto que nos fala da superación, da importancia que ten a ilusión e as ganas de facer cousas que nos permite que calquer atranco da vida poida ser salvado a pesares das dificultades.


Como podedes ver nas imaxes o autor ademais de deleitarnos coa súa conversa, mesmo nos asinou o libro, e nos amosou a caixa de obxectos que Baltasar gardaba con moito agarimo; sobre todo a cartiña que seu pai lle escriba alén os mares.