Xa está disposta na entrada da biblioteca a exposición de libros do boletín de nadal. Ten dúas partes, unha de libros relacionados co mar, tema do proxecto deste curso, e outra de novidades e recomendacións xerais. Animádevos, botádelles unha ollada e ide pensando cales lle ides pedir a Papá Noël e aos Reis Magos.
1/12/10
Anxo Fariña

O venres 3 de decembro vainos visitar o ilustrador, escritor e deseñador de libros galego, ANXO FARIÑA. Estamos moi contentos porque é a terceira vez que vén ao noso colexio. A primeira, estivo cos máis pequenos; a segunda, o curso pasado, estivo cos do terceiro ci
clo para falar dos Megatoxos. A ver se continúa a colección! O que máis chama a atención son os debuxos; son sinxelos, dinámicos e con moita cor. E que rápido e ben os fai! -dicía o alumnado. Fixo unha megatoxa dunha compañeira nun plis-plas!Este día vén para falar, co alumnado de terceiro ciclo, dun libro de vampiros, lobishomes, momias... moi sinxelo e que se leu moi rápido, "A Monstroescola". Foi unha das lecturas das maletas do Magosto e Samaín.
Magosto-Samaín
Un ano máis, con motivo destas celebracións, o equipo da biblioteca preparou as maletas con fondos informativos e de fición relacionados con estes eventos, que viaxarán polas aulas ao longo desta quincena .
Ao mesmo tempo, o alumnado adornou o centro con cabazas e outros motivos recordando a festa celtaAdemais, o alumnado de terceiro ciclo investigou sobre os medos populares e elaborou este traballo a partir de información atopada en internet, nos libros das maletas e a recollida nas súas familias.
9/11/10
Outubro, mes da biblioteca
Estamos xa nun novo curso e con moita ilusión e moitas ganas, Nica invítavos a visitar a súa casa no mes de outubro , que é o mes da Biblioteca, para que recorrades con ela todas as estancias e vexades a cantidade de amigos que ten e que quere compartir con vós.
Pero as portas están abertas sempre para todos/a e no mes de novembro, coincidindo coa Festa do Samaín, Nica encheu unhas maletas viaxeiras para levar polas clases, que conteñen historias arrepiantes de meigas, pantasmas, vampiros, monstros... contos populares que falan das nosas festas e das nosas tradicións como O Magosto.
N0n teñades medo e disfrutade con elas !, será unha viaxe inolvidable!
Pero as portas están abertas sempre para todos/a e no mes de novembro, coincidindo coa Festa do Samaín, Nica encheu unhas maletas viaxeiras para levar polas clases, que conteñen historias arrepiantes de meigas, pantasmas, vampiros, monstros... contos populares que falan das nosas festas e das nosas tradicións como O Magosto.
N0n teñades medo e disfrutade con elas !, será unha viaxe inolvidable!
11/6/10
Maratón de lectura
Con motivo do día do libro e da semana das letras, o alumnado de terceiro ciclo co profesorado e pais/nais organizou un maratón de lectura con textos de Uxío Novoneyra, os amigos de Uxío e outros relacionados co proxecto documental integrado deste curso: "O Camiño de Santiago".
20/5/10
Violeta Monreal
Ao longo do trimestre, o alumnado de 1º leu "Días de perros", "Días de gatos" e "No quiero un dragón en mi clase" de Violeta MONREAL. Sobre as lecturas fixeron varias actividades de expresión oral, comprensión e expresión escrita. Posteriormente, na Semana do Libro e das Letras a autora veu ao centro e falou cos nenos e coas nenas dos libros e as ilustracións e firmoulle a cada un o seu libro que engadirán á súa biblioteca persoal que esperamos sega medrando.
18/5/10
Nacemento do Camiño
O alumnado de 5º investigou como naceu e como se foi desenvolvendo a historia do Camiño de Santiago. Agora, con motivo do Día do Libro e do Día das Letras, fixo unha pequena presentación sobre o Nacemento do Camiño para o alumnado dos outros niveis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



