22/2/11

Visita do autor Ricardo Alcátara

Este xoves 24 de febreiro, visítanos o escritor Ricardo Alcántara, aproveitando que o alumnado de 2º nivel de primaria traballou tres dos seus libros:

- "Tomás y el lápiz mágico"
- "¿Quién ayuda en casa?"
- "¿Quién menea el esqueleto?"

Ao remate da actividade, contarémosvos como nos foi e ensinarémosvos algunhas fotos.


6/2/11

La mar de amor

Xa estamos en febreiro e Nica quere obsequiarvos con poesía. Así que estes días fixo unha selección de poemas que se atopan na exposición "La mar de amor". Agora quere completala, e pídevos que todos e todas vos situedes no medio do OCÉANO e fagades de pequenos "cupidos" do mar. Animádevos. Traédelle os vosos poemas. Espera por eles! E de paso levade o voso poema, o que máis vos guste, e acompañádeo do correspondente bombón para que o disfrutedes máis.



Selección de poemas de Nica.

21/1/11

Exposición de libros da paz

Xa está á vosa disposición a exposición de libros para o Día da Paz. Tamén se van expoñendo os traballos que nos vaiades entregando. Ánimo! Non deixedes de traer todo o que teñades a ben aportarnos. Paz e boas lecturas para todos e todas!.




Esta presentación fíxoa o alumnado de terceiro ciclo. Cada parella escolleu un premio nobel da paz e elaborou un pequeno traballo sobre el. Ao final este é o resultado.





19/12/10

Un mar de aventuras, un mar de regalos

Xa está disposta na entrada da biblioteca a exposición de libros do boletín de nadal. Ten dúas partes, unha de libros relacionados co mar, tema do proxecto deste curso, e outra de novidades e recomendacións xerais. Animádevos, botádelles unha ollada e ide pensando cales lle ides pedir a Papá Noël e aos Reis Magos.

1/12/10

Anxo Fariña


O venres 3 de decembro vainos visitar o ilustrador, escritor e deseñador de libros galego, ANXO FARIÑA. Estamos moi contentos porque é a terceira vez que vén ao noso colexio. A primeira, estivo cos máis pequenos; a segunda, o curso pasado, estivo cos do terceiro ciclo para falar dos Megatoxos. A ver se continúa a colección! O que máis chama a atención son os debuxos; son sinxelos, dinámicos e con moita cor. E que rápido e ben os fai! -dicía o alumnado. Fixo unha megatoxa dunha compañeira nun plis-plas!

Este día vén para falar, co alumnado de terceiro ciclo, dun libro de vampiros, lobishomes, momias... moi sinxelo e que se leu moi rápido, "A Monstroescola". Foi unha das lecturas das maletas do Magosto e Samaín.

Magosto-Samaín

Un ano máis, con motivo destas celebracións, o equipo da biblioteca preparou as maletas con fondos informativos e de fición relacionados con estes eventos, que viaxarán polas aulas ao longo desta quincena .
Ao mesmo tempo, o alumnado adornou o centro con cabazas e outros motivos recordando a festa celta

Ademais, o alumnado de terceiro ciclo investigou sobre os medos populares e elaborou este traballo a partir de información atopada en internet, nos libros das maletas e a recollida nas súas familias.

9/11/10

Outubro, mes da biblioteca

Estamos xa nun novo curso e con moita ilusión e moitas ganas, Nica invítavos a visitar a súa casa no mes de outubro , que é o mes da Biblioteca, para que recorrades con ela todas as estancias e vexades a cantidade de amigos que ten e que quere compartir con vós.
Pero as portas están abertas sempre para todos/a e no mes de novembro, coincidindo coa Festa do Samaín, Nica encheu unhas maletas viaxeiras para levar polas clases, que conteñen historias arrepiantes de meigas, pantasmas, vampiros, monstros... contos populares que falan das nosas festas e das nosas tradicións como O Magosto.
N0n teñades medo e disfrutade con elas !, será unha viaxe inolvidable!