28/6/13

Chega o verán


Chega o Verán

Hola a tod@s. Notades como se achega o verán? Pois si, estamos a punto de iniciar o noso descanso. ¡qué o disfrutedes! ¡Vémonos á volta!









29/5/13

SOLIDARIDADE

Os nosos alumnos e alumnas son moi solidarios. Así o proba a súa constancia e a súa dedicación para recoller material en forma de tapóns (que abondan para encher varios sacos) que se empregaran para vender a unha empresa adicada aos plásticos.  Os cartos conseguidos serán, integramente, destinados como axuda para nenos con discapacidades que precisen algunha axuda para colaborar no custo das complicadas operacións  que teñen que soportar.
MOITAS GRAZAS A TOD@S





¡¡¡SEGUIREMOS COA RECOLLIDA  O VINDEIRO CURSO!!!

22/5/13

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS encadrado na Semana das Letras Galegas. Durante toda a semana e organizado polo equipo de Normalización Lingüística poidemos disfrutar dos literatos galegos espacialmente en forma de obras de teatro. Varios cursos fixeron representacións para os demais como se fosen verdadeiros actores.Mesmo os pequenos e pequenas de infantil participaron. ¡Unha maravilla!










 
¡¡¡O vindeiro curso teremos mais e ainda mellor!!!
 

26/4/13

DIA DO LIBRO

Esta maravilla que podedes ver é unha colaboración das chicas de infantil que amosan unha grande habilidade para estas pequenas-grandes cousas, e que nos axudaron a crear este recuncho.


25/4/13

Día do Libro

O día do libro é importante para tod@s nos. Os libros rodeánnos, dannos información, apórtannos coñecementos, transportannos a mundos ignotos: un verdadeiro disfrute.





Todos os pequenos e pequenas do último curso de infantil participaron e ademais o fixeronno encantados: uns leeron poemas, outros cantaron ... 
Pola súa parte os mais maiores visitaron aos mais pequenos e compartiron contos e historias nas aulas dos pequeno que incluso foron de visita as aulas dos maiores.

Pola súa parte os nen@s mais maiores prepararon contos como o do dragón (que dramatizaron os nenos de 3º ) que disfrutaron moitos grupos, mesmo de infantil





Os maiores prepararon eles unha historia contada e acompañada de música. Unha semana magnífica.


12/4/13

Kalandraka nos visita.


Boas amig@s!
Onte tivemos unha visita moi especial. Os nenos e nenas de infantil recibiron a Álex e Patri, uns contadores de contos do máis simpático que traballan para a editorial KALANDRAKA.
Viñeron a relatarnos a historia de "Os petos de Loreto" e o fixeron con axuda de música e vestindo un abrigo como o da protagonista.

Os rapaces desfrutaron un montón desta visita e o conto encantounos a todos.




14/3/13

Visita de ANA ALONSO

Este mes tivemos unha visita moi especial. Trátese da escritora ANA ALONSO. Coñecédela?







Os seus libros podedes atopalos na colección "Pizca de sal" e hai moitos títulos. Ana falounos do seu "Juana sin miedo" , e mesmo firmou alguns exemplares. Fantástica.