27/10/09
Magosto-Samaín
Anisia Miranda
50 aniversario das aventuras de Astérix
O 29 de outubro cúmprese o 50 aniversario da publicación de "As aventuras de Astérix". En 1.959 Goscinny e Uderzo publicaron na revista Pilates as primeiras aventuras de Astérix e Obélix e en 1961 saiu o primeiro álbum titulado "Astérix o galo". Desde aquí e ata 1977 coa morte de Goscinny sacaron 28 títulos. A estes hai que engadirlle 5 máis publicados por Uderzo ata un total de 33. Agora co aniversario sae á luz un novo título cun guión inédito de Goscinny e debuxos de Uderzo que esperamos ter pronto na biblioteca
29/4/09
Semana das Letras
Despois invitámosvos a que fagades a webquest do CEIP A vós tamén vos dicimos, grazas pola vosa xenerosidade.
Escoitade e vede tamén estoutro do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. Que traballo tan ben feito! Noraboa rapaces e rapazas! É estupendo!
Despois desta introdución, ao longo da semana do 11 ao 15 de maio desenvolveremos unha serie de actividades das que iremos dando conta aquí e na web do centro.
28/4/09
Consuelo Jiménez Cisneros
Na hora de lectura do último mes leron de forma compartida "Aínda quedan piratas na costa da Morte", unha novela de aventuras que homenaxea a outra grande da literatura xuvenil universal "A illa do tesouro".
A historia ocorre na costa da Morte onde a autora pasou un verán e quedou maravillada desta terra. Heitor, o protagonista, é un neno madrileño un pouco vago que, grazas á súa curmá Carolina, a súa vida vai dar un xiro moi importante ademais de vivir unha apaixoante historia de piratas con final feliz.
Se non o lestes, animádevos! Está na biblioteca. Se vos gustan os libros de aventuras, non vos decepcionará!
23/4/09
23 de abril, Día Mundial do Libro
O día 23 de abril faleceron tres escritores universais, Miguel de Cervantes Saavedra, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Por este motivo a UNESCO escolleu este día en 1995 para rendir homenaxe ao libro e aos seus autores e autoras, e, fomentar a lectura entre todos e todas, especialmentes entre os máis xoves.
Para conmemoralo programamos varias actividades, das cales celebraremos algunhas mañá e outras na semana cultural:
- Lectura da adaptación de El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha.
- Pase da película animada Don Quijote.
- Maratón de lecturas familias-alumnado-profesorado.
- Lectura de Aínda quedan piratas na costa da morte e encontro coa autora Consuelo Ximénez Cisneros.
- Realización da webquest do CEIP San Walabonso, Niebla (Huelva)
27/3/09
2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil
O 2 de abril, e desde 1965 a proposta do IBBY, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil para homenaxear e conmemorar o día do nacemento de Hans Christian Andersen. Con tal motivo o escritor e ilustrador exipcio HANI EL-MASRI deseñou o cartel e redactou a mensaxe titulada "Eu son o mundo" (tradución ao galego de Manuel Figueiras) dirixida a tod@s @s nen@as do mundo.
Para conmemorar este evento realizaranse varias actividades:
1.- A biblioteca escolar dispuxo un recuncho coa exposición dos fondos das obras de Andersen e os traballos que realice o alumnado sobre o tema.
2.- Enviou ás aulas información sobre este día e unha proposta de actividades
- Explicar aos nenos e nenas o significado do día e algo da biobibliografía de H. C. Andersen.
- Ler algún conto do autor. Dado que estamos co cine, pódese elixir un conto que teña película e pasala despois da lectura.
- Realizar actividades de plástica sobre os contos lidos (debuxar personaxes…) e explicar o conto en verso ou en prosa…
- Actividades do plan anual de lectura.
3.- En colaboración con GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), ao longo do xoves 2 e venres 3, desenvolveranse varias actividades de fomento da lectura:
- Xoves 2: Taller de ilustración do alumnado de 3º de Educación Primaria con RODRIGO CHAO, ilustrador galego que ilustrou, entre outros, o libro de X. A. Neira Cruz, premio White Raven 2009 O prodixio dos zapatos de cristal .
- Venres 3: Taller de escritura do alumnado de 6º de Educación Primaria coa escritora MAR GUERRA gañadora do premio Merlín 2009 coa novela Xenaro e o misterio da mochila verde.
Bolboretas de papel

Onte presentouse en Santiago o libro de poesía Bolboretas de papel de Antonio García Teijeiro. Tiven a ocasión de poder saudar e falar persoalmente con Antonio e foi un acto moi agradable. Ao final dedicouvos o libro a todos e a todas vós e xa está na biblioteca disposto para que o leades. Antonio dixo que nel engadira un novo ingrediente respecto aos anteriores, a ver quen se decata! Ánimo! Lese nun plis plas. Disfrutádeo!
26/3/09
Premios White Raven 2009
A Biblioteca Xuvenil Internacional de Munic (Alemania), centro de referencia á hora de valorar os libros de literatura infantil e xuvenil no mundo, destaca 250 títulos publicados no 2008 en 32 linguas e pertencentes a 48 países. Entre estes, tres son galegos: A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre de literatura xuvenil, O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé Antón Neira Cruz e ilustracións de Rodrigo Chao, e Fume, de Antón Fortes e ilustracións de Joanna Concejo.
Tamén aparece na lista outro libro dun autor moi querido polos nosos lectores, Alfredo Gómez Cerdá, Barro de Medellín, ilustrado por outro galego, Xan López Domínguez.
Felicidades a todos e a todas as premiadas e nós, a próxima semana, teremos na biblioteca O prodixio dos zapatos de cristal e Fume para que todos e todas os disfrutedes. Non deixedes de facelo. Haberá tamén outras novidades.


En Fume unha voz infantil conta unha historia sobrecolledora que se completa cunhas expresivas ilustracións sen color de Joanna Concejo
18/2/09
Cine na escola
Exposición de materiais adquiridos e fondos que xa había na biblioteca.
Actividades de fomento da lectura, busca e tratamwento de información e visionado de películas.
"Entroido de cine"
E seguimos...
Subiremos fotos proximamente
7/2/09
Entroido 2009
- O entroido é unha das festas tradicionais que se vén celebrando no colexio desde sempre. Nos últimos cinco anos é unha actividade dentro do Proxecto Documental Integrado que se desenvolve ao longo de todo o curso; e, como o Proxecto deste ano é "Cine na escola", o entroido foi de cine.
O primeiro foi seleccionar os materiais informativos axeitados e facer unha exposición.
Segundo, para ir entrenando, O MECO ordenou un mandado cada día da semana previa.
Finalmente, a partir das lecturas feitas e das películas visionadas, cada grupo de alumnado deseñou o seu disfraz, e na clase de Música adaptáronlle unha coreografía:
- Educación Infantil: "Os Picapedra"
- Primeiro ciclo de Educación Primaria: "Drácula".
- Segundo ciclo de Educación Primaria: "Piratas".
- Quinto de Educación Primaria: "Dálmatas"
- Sexto de Educación Primaria: "Charlot"
Ver galería completa e cartaz na páxina web
- Quinto e sexto tamén realizou a webquest do CEIP Mestre Goldar. Grazas polo voso traballo. É estupendo!
4/2/09
O fantasma de Canterville
O libro trata de que a familia Otis vai vivir ao castelo de Canterville, onde habita un fantasma desde fai 300 anos. Éste intenta asustalos, pero os Otis... desconcértano, sobre todo, os xemelgos. Pobre fantasma!
Hoxe vimos a representación desta obra no teatro de "A Salle" o que nos permitiu disfrutar, comparar e analizar as dúas versións: o libro e o teatro. Gustáronnos moito as dúas. Se aínda non o liches, anímate! Seguro que che gustará! E se podes ir ao teatro, non o perdas. Tamén hai a película.
28/1/09
DÍA DA PAZ
-Elaboráronse dous murais co lema "A Paz é amizade entre os pobos".
-Fíxose unha exposición de fondos bibliográficos e audiovisuais.
-Dentro do proxecto de cine, cada nivel visionou unha película, que xunto cos fondos bibliográficos utilizouse de base para traballar o tema.
-Nas aulas e na clase de música prepararon varias cancións.
-Moitos alumnos e alumnas seleccionaron e escribiron poemas.
-O alumnado de 5º e 6º realizou as actividades da webquest da biblioteca de Libruxa. Grazas pola vosa xenerosidade.
-Finalmente, o alumnado destes cursos, con toda a información recollida, elaborou un dossier sobre a Paz.
-Por último, o día 30 sairemos todos e todas ao patio a cantar as cancións e faremos unha colecta para a casa de acollida de nenos e nenas "Francisco Palau" de Perú.
14/1/09
JOÁN MANUEL GISBERT
1.- Buscou na biblioteca todas as obras do autor e os que tiñan algunha na súa casa, trouxérona.
2.- Os de 6º, compraron "Magos del atardecer" e lérona de forma compartida na "Hora de ler"; e os de 5º fixeron o mesmo con "El Palacio de los Tres Ojos". Algúns compraron máis libros.
3.- As obras da biblioteca e as aportadas por eles foron rotando e segundo se ían lendo comentábanse na clase.
4.- Buiscaron información sobre o autor, a obra e a ilustradora das obras lidas de forma compartida.
5.- Fixeron un dossier coa información obtida e tres murais que decoraron o salón de actos durante a visita do escritor.
Antes da visita
A visita convertiuse nun taller de imaxinación nos que GISBERT é todo un experto. Ao longo dos noventa minutos que durou, aínda que non no lo parecía a ninguén, o escritor, coa participación dos nenos e nenas, foi desgranando historia tras historia como se se tratase dun libro aberto.
Despois da visita
Esto é o último deste marabilloso día