7/2/09

Entroido 2009

  • O entroido é unha das festas tradicionais que se vén celebrando no colexio desde sempre. Nos últimos cinco anos é unha actividade dentro do Proxecto Documental Integrado que se desenvolve ao longo de todo o curso; e, como o Proxecto deste ano é "Cine na escola", o entroido foi de cine.

    O primeiro foi seleccionar os materiais informativos axeitados e facer unha exposición.


Segundo, para ir entrenando, O MECO ordenou un mandado cada día da semana previa.



Finalmente, a partir das lecturas feitas e das películas visionadas, cada grupo de alumnado deseñou o seu disfraz, e na clase de Música adaptáronlle unha coreografía:

  • Educación Infantil: "Os Picapedra"
  • Primeiro ciclo de Educación Primaria: "Drácula".
  • Segundo ciclo de Educación Primaria: "Piratas".
  • Quinto de Educación Primaria: "Dálmatas"
  • Sexto de Educación Primaria: "Charlot"

Ver galería completa e cartaz na páxina web

No hay comentarios: