20/12/14

A RECOMPENSA!

 O luns pasado, día 15,
os nenos e nenas que participan no CLUBE DE LECTURA
tiveron a súa recompensa

Rematado o libro escollido para o primeiro trimestre


recibiron a visita da autora do mesmo!!

LEDICIA COSTAS

Á súa chegada, todo estaba preparado,
lembrades que o libro tiña diferentes receitas?
Pois a visita tiña que contar cunha merenda saída do propio libro!


Pero ademáis, Ledicia foi recibida dun xeito moi especial:
Tres compoñentes do clube encargáronse dun recital
que recollía a vida da autora e que lle daba a benvida,
todo cun ton humorístico que, a xulgar polas imaxes, 
a Ledicia sorprendeulle e gustoulle moito 
(e porque así llo fixo saber)



Despois do recibimento, comezou o faladoiro:
cadaquen fixo as preguntas que tiña sobre o libro ou sobre a vida da autora,
Ledicia respondeu a todas


Comentaron o que acontecía na historia


Rapearon! Sí, sí, como o ledes, pois a historia ten un rap


Debatiron o que lle acontece a diferentes personaxes, sobre o traballo do ilustrador...


Pero, sobre todo, gozaron do encontro, tanto nenos e nenas coma adultos


Por suposto! Os nenos e nenas pedíronlle a Ledicia 
outra historia con Escarlatina e os diferentes personaxes

Rematado o faladoiro, Ledicia recibiu un agasallo
do conxunto do Clube, 
pero cunha ilustración de quen pode ser o seu próximo ilustrador!


O encontro rematou coa sinatura dos libros por parte de Ledicia
e coa degustación das diferentes receitas que aparecen no libro
elaboradas por diferentes nenos e nenas


MOITAS GRAZAS, LEDICIA!!
AGARDAMOS ESA NOVA HISTORIA E QUE VOLVAS A VISITARNOS!


E, DE NOVO, PARABÉNS AO ALUMNADO E AO PROFESORADO
QUE, VOLUNTARIAMENTE, PARTICIPA NESTE CLUBE

E ti, lector ou lectora, non coñeces a historia de Escarlatina?
Ven á nosa biblioteca, e mergúllate nesta aventura!

ATA PRONTO!


No hay comentarios: