9/4/15

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este curso está cargado de novidades.
Unha actividade que puxemos en marcha foi a de
MOCHILAS VIAXEIRAS
Unha iniciativa de bibliotecas escolares de Galicia
que permite á biblioteca do centro o contacto coas familias


A mochila é o soporte que permite aos nenos e nenas
levar á súa casa, en préstamo temporal, 
uns materiais que reforzan o vínculo entre familia e escola
no seu labor común para a formación de lectores e lectoras competentes


Favorece ademáis a experiencia con diferentes soportes, rexistros, 
formatos... e as vivencias en familia, cos diferentes membros da mesma

A mochila vai repleta de aventuras: 
narracións, poesía, revistas, música, películas...
variando o contido en función da idade dos usuarios e usuarias


Inclúe ademais o listado do contido
para facilitar a súa revisión antes da devolución;
unha proposta de uso e organización

e un caderno viaxeiro no que recoller impresións, 
opinións, suxerencias... de tal experiencia



A participación en tal iniciativa é voluntaria,
a criterio de cada familia, 
unha vez coñecido o funcionamento e finalidade de tal actividade


Despois do descanso merecido durante estas vacacións pasadas,
as mochilas voltan a viaxar!!
Último trimestre!

No hay comentarios: